Arminas Jasikonis

Arminas Jasikonis, nado en Anykščiai o 12 de setembro de 1997, é un piloto lituano de motocrós, que compite no Campionato do Mundo.

Infotaula de personaArminas Jasikonis
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Anykščiai, Lituania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLituania Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou no motocrós aos catro anos e aos trece marchou a Estonia xunto ao seu pai, para ser adestrado polo expiloto Avo Leok. En 2011 comezou a participar no Campionato de Europa de 125cc. En 2012 conseguiu os seus primeiros puntos nunha KTM. Rematou 22º. En 2013 Jasikonis entrou nun equipo británico de Honda e pasou ao campionato europeo de 250, con pouco éxito. En 2014 correu subre unha KTM de novo, pero os resultados non foron bos.

Máis tarde decidiu competir cunha bicicleta máis grande e uniuse a un equipo alemán de Kawasaki, co que disputou o campionato alemán de MXGP. En 2016 debutou no Campionato Mundial de Motocross como piloto comodín nalgúns GP, conseguindo sumar algúns puntos. Na segunda metade da tempada Stefan Everts, que buscaba un substituto para o lesionado Ben Townley, preguntoulle se quería pilotar por Suzuki o resto da tempada. Jasikonis aceptou e tras unhas boas actuacións converteuse en piloto oficial para toda a tempada 2017. Logrou o seu primeiro podio nun GP no GP de Portugal en xullo de 2017.

Na tempada 2018 correu con Honda e dende a tempada 2019 corre con Husqvarna. Na tempada 2020 conseguiu a súa primeira vitoria nunha manga, no Gran Premio de Riga, en Ķegums.

Dende 2013, formou parte do equipo lituano no Motocross das Nacións.