Armatana foi un reino, cuxa capital era a cidade de Armatana, que estaba situado ao sur de Tegarama, ao oeste de Isuwa e ao leste de Kizzuwatna (Cilicia), rexión do Alto Éufrates e a futura Armenia.

Modelo:Xeografía políticaArmatana

Localización
Mapa
 39°57′48″N 42°05′45″L / 39.963454, 42.095788

Formouse durante a crise de Hatti (séculos -XVI-XV) cando Mitanni chegou ao seu punto de máximo poder. Quedou sometido a Mitanni sobre o -1500, e despois foi sometido polo rei hitita Tudhaliyas II sobre o -1400.

Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta alí. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.[1] Suppiluliumas I fixo unha nova campaña vitoriosa como rei a este territorio sobre o -1340.

  1. Bernabé Pajares & Álvarez-Pedrosa (2004), p. 92

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bernabé Pajares, Alberto; Álvarez-Pedrosa, Juan Antonio, eds. (2004). Historia y leyes de los hititas. Colección: Akal/Oriente (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 84-460- 2253-2.