Armando Hart

político cubano

Armando Enrique Hart Dávalos, nado na Habana o 13 de xuño de 1930 e findado na mesma cidade o 26 de novembro de 2017, foi un dirixente estudantil reformista, intelectual, avogado, revolucionario, político e educador cubano. Como dirixente do Movemento 26 de xullo participou activamente na Revolución cubana, sendo posteriormente ministro de Educación de Cuba entre 1959 e 1965 e ministro de Cultura desde 1976 a 1997.

Infotaula de personaArmando Hart

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Armando Enrique Hart Dávalos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1930 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 2017 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia respiratoria Editar o valor em Wikidata
Ministro da cultura (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento do 26 de xullo
Partido Comunista de Cuba Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHaydée Santamaría Cuadrado
FillosCelia Hart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Cursou estudos universitarios na Universidade da Habana onde destacou como dirixente estudantil reformista nas primeiras mobilizacións contra a ditadura de Fulgencio Batista.

Iniciouse na vida política como membro do Partido Ortodoxo e logo pasou a formar parte do Movemento Nacional Revolucionario. En 1956 foi un dos fundadores do Movemento 26 de xullo integrando a súa primeira dirección nacional.

En 1957 foi detido pola ditadura de Fulgencio Batista e condenado a varios anos de prisión por pertencer ao Movemento 26 de xullo, que iniciara a loita armada contra Batista, pero logrou fuxirse. Pouco despois foi designado Coordinador Nacional do Movemento 26 de xullo. En xaneiro de 1958 foi detido novamente e permaneceu en prisión até o triunfo da Revolución cubana, sendo liberado polo comandante do G-2 cubano Raimundo Torres Raído.

Instalado o novo goberno baixo a presidencia de Manuel Urrutia Lleó foi designado Ministro de Educación, cargo no que pertenceu até 1965. Nesa función organizou unha Campaña Nacional de Alfabetización en 1961 que reduciu considerablemente o analfabetismo en Cuba, reducíndoo de máis dun 20% en 1958 ao 3,9% ao finalizar a mesma.

Desempeñouse como ministro de Cultura desde a constitución dese organismo en 1976 até 1997. Logo foi designado director da Oficina do Programa Martiano. Membro do Partido Comunista de Cuba desde a súa constitución en 1965, foi secretario de Organización do Comité Central, primeiro secretario do Comité Provincial do Partido na antiga provincia de Oriente e membro do Buró Político desde 1965 até 1991.

Foi así mesmo presidente da Sociedad Cultural José Martí. Faleceu na capital cubana o 26 de novembro de 2017 por mor dunha insuficiencia respiratoria.[1]

Obras editar

  • Del trabajo cultural (1970)
  • Cambiar las reglas del juego (1983)
  • Cultura en Revolución (1990)
  • Cubanía, cultura y política (1993)
  • Perfiles (1995)
  • Una pelea cubana contra viejos y nuevos demonios (1995)
  • Hacia una dimensión cultural del desarrollo (1996)
  • Cultura para el desarrollo, el desafío del siglo XXI (2001)
  • Ética, cultura y política (2001)
  • La Condición Humana (2005)

Notas editar

  1. "Fallece el intelectual y político cubano Armando Hart Dávalos". Cuba Debate (en castelán). 26 de novembro de 2017. Consultado o 16 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar