Arkady Dvorkovich
Arkady Dvorkovich | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de marzo de 1972 |
Lugar de nacemento | Moscova |
Nacionalidade | Unión Soviética e Rusia |
Alma máter | Faculdade de Economia da Universidade Estadual de Moscou, New Economic School, Universidade Duke e Universidade Estatal de Moscova |
Ocupación | economista, político, dirigente de xadrez, xadrecista e participante do fórum internacional |
Pai | Vladimir Dvorkovitch |
Cónxuxe | Zumrud Rustamova |
Premios | Ordem de Honra, Medal of the Order "For Merit to the Fatherland" II class, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Medal "In Commemoration of the 1000th Anniversary of Kazan", Ordem do Mérito da República Italiana e Order of the Friendship of Peoples |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arkady Vladimirovich Dvorkovich (en ruso: Арка́дий Влади́мирович Дворко́вич) nado o 26 de marzo de 1972[1] é un funcionario público e economista ruso, que foi viceprimeiro ministro no gabinete de Dmitrii Medvedev desde o 21 de maio de 2012 até o 7 de maio de 2018. Anteriormente foi asistente do presidente da Federación Rusa de maio de 2008 a maio de 2012.
Dvorkovich foi considerado como unha figura importante na política rusa[2]; acadou protagonismo na presidencia de Medvedev, pero sufriu o rexurdimento de Igor Sechin.[3] De 2018 a 2022 foi o presidente da Fundación Skolkovo. Desde 2015, tamén é o presidente do Consello de Administración da empresa Russian Railways.
O pai de Dvorkovich, Vladimir Dvorkovich, era un árbitro internacional de xadrez.[4] Dvorkovich é un funcionario da Federación Rusa de Xadrez e foi elixido presidente da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) en outubro de 2018, sucedendo a Kirsan Ilyumzhinov.[5]
Traxectoria Editar
Educación Editar
- Universidade Estatal de Moscova, Facultade de Economía (1994) [6]
- Nova Escola Económica (1994) [7]
- Universidade de Duke (1997) [6]
Carreira Editar
- Desde 1994 - consultor, experto sénior, CEO, director científico do Grupo de Expertos Económicos do Ministerio de Finanzas de Rusia
- Desde 2000 – experto no " Centro de Investigación Estratéxica "
- Desde agosto de 2000 – conselleiro do Ministro de Desenvolvemento Económico da Federación Rusa German Gref
- Desde 2001 - Viceministro de Desenvolvemento Económico da Federación Rusa
- Desde abril de 2004 - Xefe do Grupo de Expertos do Presidente da Federación Rusa
- Desde o 13 de maio de 2008 - Asistente do presidente da Federación Rusa
- Do 21 de maio de 2012 ao 7 de maio de 2018 - Viceprimeiro Ministro de Rusia
Dvorkovich fala inglés e alemán e ruso. En 2018, foi presidente do Comité Organizador Local do Mundial de Fútbol de 2018, colaborando co presidente da FIFA, Gianni Infantino, quen o eloxiou polo seu traballo.[8] En outubro de 2018, foi elixido presidente da FIDE, recibindo 103 votos, por diante dos 78 do vicepresidente da FIDE, Georgios Markropoulos; o GM inglés Nigel Short retirou a súa candidatura minutos antes de comezar a votación e apoiou ao ruso.[8]
Postura sobre o conflito Rusia-Ucraína Editar
En marzo de 2022, Dvorkovich condenou a invasión rusa de Ucraína, dicindo que "As guerras son as peores cousas ás que se pode enfrontar na vida... incluída esta guerra. Os meus pensamentos están cos civís ucraínos." [9] Andrey Turchak, un deputado do partido Rusia Unida de Putin, condenou a postura contra a guerra de Dvorkovich e pediu o seu "despedimento inmediato en desgraza", dicindo: "Isto non é outra cousa que a propia traizón nacional, o comportamento da quinta columna, que o presidente [Putin] falou sobre hoxe".[10]
Accións da FIDE Editar
O 22 de marzo de 2022, a FIDE emitiu unha prohibición de seis meses para competir en torneos clasificados contra o Gran Mestre ruso Sergey Karjakin. Karjakin publicara declaracións polémicas en Twitter nas que declaraba o seu apoio á invasión de Ucraína e á caracterización da guerra como unha loita contra o nazismo. A FIDE argumentou que as declaracións de Karjakin botaron unha luz negativa sobre o xadrez e sobre a federación e descubriu que violara o código ético da FIDE.[11] Sergei Shipov, que tamén comentou publicamente a favor de Rusia e o enfrontamento armado con Ucraína, non foi sancionado, porque a FIDE decidiu que as súas declaracións eran "menos provocativas".[11]
Honras e premios Editar
- Orde do Mérito da Patria 4a clase
- Orde de Honra
- Medalla 2a clase da Orde do Mérito da Patria
- Medalla "En conmemoración do 1000 aniversario de Kazan"
- Oficial da Orde do Mérito da República Italiana
Notas Editar
- ↑ "Official Website of the Government of the Russian Federation". archive.government.ru. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ "Financial Times (requere subscrición)". www.ft.com. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ "«Роснефть» ждет денег из ФНБ не позднее 1 июня". Ведомости (en ruso). Consultado o 2022-07-30.
- ↑ "Arkady Dvorkovich". interviews.chessdom.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "Arkady Dvorkovich: Russian politician crowned world chess head". BBC News (en inglés). 2018-10-03. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ 6,0 6,1 "chn". Russia.org.cn (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2022.
- ↑ "NES-broschure2018-ENG2019-4apr" (PDF). www.nes.ru. pp. 23, 35.
- ↑ 8,0 8,1 "FIFA chief congratulates Russia’s Dvorkovich with election as FIDE president". TASS. Consultado o 2022-07-30.
- ↑ King, Daniel. "Exclusive: Former top Kremlin official who chairs global chess federation decries Russia’s war on Ukraine". Mother Jones (en inglés). Consultado o 2022-07-30.
- ↑ Reuters (2022-03-18). "Top ex-Kremlin official quits post after condemning Ukraine war". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-07-30.
- ↑ 11,0 11,1 Reuters (2022-03-21). "Russia’s Sergey Karjakin banned from chess for supporting invasion of Ukraine". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-07-30.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arkady Dvorkovich |