Aristarco de Samos

matemático e astrónomo helenístico

Aristarco de Samos (en grego antigo: Ἀρίσταρχος, Arístarchos ou Aristarjos; e en latín: Aristarchus); nado contra o 310 a. C. e finado contra o 230 a. C., foi un filósofo da etapa helenística.

Aristarco de Samos
Aristarchos von Samos (Denkmal).jpeg
Nacemento310 a. C.
Lugar de nacementoSamos
Falecemento230 a. C.
Lugar de falecementoAlexandría
Nacionalidadegreco
Ocupaciónastrónomo
editar datos en Wikidata ]
Aristarco de Samos.

TraxectoriaEditar

Concretamente podemos dicir que foi un matemático e astrónomo grego e ademais que foi un dos primeiros personaxes en afirmar que a Terra e os demais planetas xiran ao redor do Sol. Por dita razón foi considerado por máis dun coma unha persoa demente.

Aristarco foi coetaneo de Euclides e de Arquímedes, Segundo conta Aëtius, Aristarco foi pupilo do filósofo Estratón de Lámsaco. As súas contribucións á astronomia foron recollidas por numerosos autores, así Tolomeo recolle que Aristarco observou o solsticio do ano 280 a.C, e Arquímedes recolle na súa obra "O contador de area", a teoría heliocéntrica de Aristarco. Vitrubio atribúe tamén a Aristarco a invención do "hemisphaerium", un reloxo de sol onde a sombra recorre unha semiesfera escavada nunha pedra cuadrada[1].

Cálculo das distancias Terra, Lúa, SolEditar

Distancia Terra LúaEditar

Perante un eclipse lunar, Aristarco calculou o tempo que tardaba a Lúa en percorrer a sombra que proxectaba a Terra na superficie lunar, resultando ser a metade do tempo que duraba a eclipse. Polo tanto o diámetro da Lúa era dunhas dúas veces o diámetro da sombra da Terra, tamén calculou que a Lúa tardaba arredor dunha hora en saír da sombra da Terra, deducindo de tal xeito que a Lúa recorre nunha hora unha distancia equivalente ao seu diámetro. Como xa era coñecido na época que a Lúa tarda 29,5 días en completar unha órbita arredor da Terra, calculou a órbita da Lúa en diámetros lunares segundo a fórmula 29,5 días x 24 horas = 708 diámetros. Con estes datos na súa man calculou mediante trigonometría que o radio da Terra é 2,85 veces o radio da Lúa (en realidade o cálculo real é de 3,66 veces). Sabendo o radio, calculou a distancia Terra - Lúa aplicando os resultados anteriores, deulle unha distancia Terra-Lúa de 225,4 radios lunares, unhas 79 veces o radio da Terra, (a distancia media real á Lúa é de 60 radios terrestres).

 
Aristarco calculou o ángulo entre o Sol e a Lúa cando a Lúa está en cuarto minguante ou crecente, cando o ángulo ''α'' entre o Sol e a Lúa é de 90º. Entón medindo o ángulo β entre o Sol e a Terra pódese resolver o triángulo. Sendo β igual a 90º menos o ángulo solar na Terra, dándolle 87º graos, de onde o ángulo solar resultaba ser de 3º. O seno de 3º é igual a 1/19, polo que deduciu que a distancia Terra Sol era 19 veces a distancia Terra Lúa.  

Distancia Terra SolEditar

Aristarco calculou o ángulo entre o Sol e a Lúa cando a Lúa está en cuarto minguante ou crecente, cando o ángulo ''α'' entre a liña Sol Lúa é a liña Terra Lúa é de 90º. Entón medindo o ángulo β formado entre a liña Sol Terra e a liña Terra Lúa pódese resolver o triángulo. Sendo o ángulo β igual a 90º menos o ángulo solar (formado pola intersección da liña Sol-Terra e a liña Sol-Lúa), calculando o ángulo β en 87º graos, de onde o ángulo solar resultaba ser de 3º (completando así os 180 graos da suma dos ángulos do triángulo rectángulo). O seno de 3º é igual a 1/19, polo que concluíu que a distancia Terra Sol (a liña Terra-Sol) era 19 veces a distancia da Terra á Lúa (a liña Terra-Lúa) o cal é errado.[2] Aínda que o seu modelo xeométrico era correcto os seus datos de observación eran inexactos, desviándose un 3 por cento dos datos reais, dado que a observación do ángulo β era moi difícil para os medios da súa época, en realidade o ángulo só difire dos 90º graos nunha sexta parte dun grao, de onde se deriva que o seno de 1/6 de grao é igual a 1/344, de onde resulta que a distancia media real entre a Terra e o Sol é de 344 veces a distancia entre a Terra e a Lúa.

A pesar dos erros nos seus cálculos, o máis salientable foi que no século III a. C. fose quen de calcular as distancias entre a Terra, a Lúa, e o Sol, e os seus respectivos diámetros, baseándose en observacións astronómicas ou experimentais, (o que tamén mostra o seu profundo coñecemento das eclipses) abrindo o camiño para que outros astrónomos, como Tolomeo ou Arquímedes, volveran a facer os mesmos cálculos cos seus propios datos experimentais, e nos permitisen coñecer a distancias entre o Sol, a Lúa, e a Terra, e os seus diámetros, aquí radica a xenialidade de Aristarco.

NotasEditar

  1. ""Vitruvii De architectura libri decem" 218 VIII". www26.us.archive.org. Consultado o 07/01/2018. 
  2. Mélendez Sánchez, Juan. "Como midió Aristarco la Luna y el Sol" (PDF). multiblog.educacion.navarra.es. Consultado o 07/01/2018. 

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.