Argimiro Rico Trabada
Argimiro Rico Trabada, nado en San Bernabel (Baleira) o 14 de setembro de 1905 e finado en Montecubeiro o 16 de outubro de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1905 San Bernabel, España |
Morte | 16 de outubro de 1937 (32 anos) Montecubeiro, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarExerceu como mestre e fixo por libre os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1924-1927). Foi mestre nas escolas da Fontaneira e San Bernabel. Organizou e foi director da Unión Cultural San Bernabé[1]. Organizou a Festa da Árbore na escola do San Bernabel o 10 de maio do 1934[2]. Visitaba asiduamente Montecubeiro, de onde procedía a súa nai, participando en actividades culturais desenvolvidas pola Unión de Labradores de Montecubeiro, e en mitins, como o do 14 de abril de 1936 para celebrar a festa da República, no que pronunciou un discurso defendendo a cultura como factor de liberación.
En outubro de 1937 un grupo de falanxistas fórono buscar á casa e levárono atado cara ao monte. Nunha taberna do camiño detivéronse a beber deixando a Argimiro atado á fachada; ao saír pegáronlle patadas e insultárono. Seguiron camiñando ata o lugar elixido onde lle cortaron os testículos e a lingua, sacáronlle os ollos e rematárono de varios tiros.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 13-11-1934, p. 13.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-5-1934, p. 13.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gabriel, Narciso de (2000). "Vida e morte dun mestre republicano" (PDF). Sarmiento (4): 9–38. Consultado o 28 de xullo de 2013.