Arfaxad

personaxe bíblico


Arfaxad (hebreo: אַרְפַּכְשָׁד בן-שֵׁם; árabe: ارفکشاد بن سام) é un personaxe bíblico, o fillo de Sem e xerou a Xélah á idade de trinta e cinco anos. Entón viviu catrocentos tres anos[1]. No Libro dos Xubileos (11:3) noméanse outros dous descendentes de Arfaxad, Ura e Kesed. Os fillos destes dous foron os fundadores de Ur Kasdim: e Ura, fillo de Kesed, construíu a cidade de Ur dos caldeos e chamoulle polo seu nome.

Infotaula de personaArfaxad

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) אַרְפַּכְשַׁד‎, ʾArpaḵšaḏ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2103 a. C. Editar o valor em Wikidata
Ur Editar o valor em Wikidata
Morte1665 a. C. Editar o valor em Wikidata (437/438 anos)
Familia
FillosSelá (pt) Traducir, Cainan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiSem Editar o valor em Wikidata
IrmánsLud (pt) Traducir, Assur (pt) Traducir, Elão bíblico (pt) Traducir e Aram (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Os caldeos, mesopotámicos do Golfo Pérsico, os hebreos, os israelitas, os árabes, os beduínos, os moabitas, os xordanos, os palestinos, os sabeos e outros grupos do Próximo Oriente considéranse tradicionalmente descendentes de Arfaxad. Nalgunhas versións da Biblia[onde?] o seu fillo é Cainam, que sería o pai de Xélah. Actualmente os estudosos[quen?] tenden a consideralo un erro e este Cainam sería unha confusión de Quenán, fillo de Enox.[2]

No Libro de Xudit (1:1-5; 1:13; 1:15; 3:36) menciónase un Arfaxad, e dise que foi rei dos medos en Ecbatana. Construíu murallas arredor da cidade para defendela dos ataques de Nabucodonosor II, de trinta e cinco metros de alto e vinte e cinco de ancho. Pero Nabucodonosor enfrontouse a Arfaxad e derrotouno, destruíndo o seu exército. Arfaxad conseguiu escapar ás montañas, pero o rei atopouno e atravesouno coas súas frechas.

Notas editar

  1. Xénese. 11:10; 11:12
  2. Redford, Donald B (1992). Egypt, Canaan, and Israel in ancient times. O Cairo: The American University in Cairo Press. p. 405. ISBN 9789774243226.