Aretusa (nereida)

Aretusa foi, na mitoloxía grega, unha das Nereidas, as fillas de Nereo e Doris, filla de Océano.

Aretusa nun decadracma de Siracusa (Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión).

As Nereidas eran unhas divindades mariñas que poden personificar as ondas do mar. Os diferentes mitógrafos dan diferentes cifras e nomes destes seres, ó redor de cincuenta pero algún chega ás cen.

Aretusa só é mencionada na relación proporcionada por Hixino (Fábulas, prólogo, 8). Non se cita nas listas achegadas por Pseudo-Apolodoro (I, 2, 7), Hesíodo (240-263) nin Homero (XVIII, 39 ss).

Hixino engade que, seducida por Poseidón, tivo un fillo: Abante [1]. Outras fontes, non obstante, din que este era fillo de Calcón [2].

Notas editar

  1. Fábulas 157.
  2. Grimal, s.v. Abante.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar