Arda (en armenio Արդա) foi a segunda esposa do rei Balduíno I de Xerusalén, e a primeira raíña do Reino de Xerusalén, xa que o irmán e predecesor do rei, Godofredo de Bouillon, o Defensor do Santo Sepulcro, nunca casou.[1]

Modelo:BiografíaArda de Armenia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hy) Արդա Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 1097 Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 1116 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña de Xerusalén (1100–1108)
Conde de Edesa (1098–1100) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBalduíno I de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
PaiThoros of Marash
Teodoro de Edessa Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Arda era filla de Thoros I de Armenia, señor de Marash. Balduíno casou con ela en 1097 despois da morte da súa primeira esposa, Godehilde de Tosny, que viaxara con el na Primeira Cruzada e que faleceu en Marash. Thoros prometera 60 000 bezanti como dote. Foi un matrimonio politicamente conveniente, xa que Bauduíno se convertera no primeiro conde de Edesa, un estado cruzado no territorio de Armenia en Mesopotamia.[1]

Máis tarde Balduíno sucedeu ao seu irmán Godofredo co título de Reino de Xerusalén en 1100 e chegou á capital por terra. Arda non viaxou con el, pero agardou en Antioquía por un barco que a levase cara ao sur; viaxou por mar e chegou a Xerusalén probabelmente en 1101. Pouco despois da súa chegada (seguramente antes de 1105) Balduíno negou o matrimonio, porque sospeitaba que Arda o traizoara ou, segundo Guibert de Nogent, porque pensaba que fora violada por piratas durante a travesía a Xerusalén. Guillerme de Tiro, pola súa banda, sostivo que Balduíno buscou un matrimonio máis vantaxoso, xa que Thoros pagara só unha pequena parte do dote prometido, Arda non tiña fillos e unha esposa armenia era menos útil en Xerusalén que en Edesa. Fulquerio de Chartres, o cronista máis próximo do rei, non menciona o asunto, o que suxire que Balduíno non tiña ningunha razón lexítima para anular o matrimonio. Despois obrigou a Arda a facer votos no mosteiro de Sant'Anna. Máis tarde Arda pediu a súa liberación e foi a Constantinopla.[1]

En 1112 o patriarca latino de Xerusalén Arnulfo de Chocques convenceu a Balduíno para que casara coa condesa Adelaida del Vasto, viúva de Roxerio I de Sicilia e rexente de Roxerio II.

Adelaida chegou a Acre en agosto de 1113, e a voda tivo lugar no mesmo ano. Inicialmente o patrimonio da condesa aliviou os problemas do reino de Balduíno, pero fracasou no propósito principal, darlle un herdeiro. Os nobres de Xerusalén, descontentos coa situación, atacaron ao patriarca Arnulfo por favorecer o matrimonio a pesar de que a lexítima esposa de Balduíno seguía viva en Constantinopla. En xullo de 1116, o papa Pascual II rehabilitou a Arnulfo coa condición de que diolvese o matrimonio entre Balduíno e Adelaida. O inverno do mesmo ano o rei caeu gravemente enfermo e foi persuadido de que deixara a Adelaida e que volvera con Arda, pero ela nunca volveu a Xerusalén.[1] Balduíno morreu en 1118, e a data da morte de Arda segue sendo descoñecida.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hamilton, Bernard (1978): "Women in the Crusader States: The Queens of Jerusalem", en Studies in Church History Subsidia, vol. 1. Cambridge University Press.
  • Murray, Alan V. (2000): The Crusader Kingdom of Jerusalem: A Dynastic History, 1099-1125. Occasional Publications. ISBN 978-1-9009-3403-9.

Outros artigos

editar