Pobo arapaho

(Redirección desde «Arapahoe»)

Os arapaho,[2] coñecidos tamén como Gens-de-Vache ("xente do bisonte"), son unha tribo de indios nos estados de Colorado e Wyoming (Estados Unidos).

Pobo arapaho
Bandeira da nación Arapaho recoñecida oficialmente
Poboación
Poboación total:
10 861[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos (Colorado, Oklahoma, Wyoming)10 861
Aspectos culturais
LinguaArapaho, sinais dos indios das chairas e inglés
RelixiónCristianismo e outras
Grupos
relacionados
Cheyennes e outros pobos algonquinos

Eran estreitos aliados dos cheyenne e aliados dos síux. A lingua arapaho é unha das linguas algonquinas moi próxima ó Gros Ventre, con quen os arapaho compartiran unha longa afiliacición cultural. A lingua cheyenne e a lingua dos pés negros eran as outras linguas algonquinas das Grandes Pradeiras pero eran bastante diferentes do arapaho. Cara a 1850 as bandas arapaho separáronse en dúas tribos: os arapaho do norte e os do sur. Os arapaho do norte levan vivindo dende 1878 na Reserva de Wind River, Wyoming, a terceira maior reserva dos Estados Unidos. A tribo dos arapaho do Sur vive xunto ós cheyenne en Oklahoma.

Campamento arapaho.

O seu nome vén do pawnee tirapihu ("comerciantes"), ou ben do crow alappahó ("xente con moitas tatuaxes", polo costume que tiñan de gravar círculos cerimoniais na cara). Eles chámanse a si mesmos inu-na ina ("o noso pobo"). O idioma divídese en tres dialectos ou divisións: o basanwūnema; o atsina ou gros ventre (que se converteu nunha tribo independente); e o na’’wathinahana.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar