A lingua crow[4] (na propia lingua: apsáalooke) é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo crow, que no presente habita en Montana. O termo apsáalooke quere dicir "fillos da ave do gran peteiro." É unha das linguas indíxenas de América do Norte con maior número de falantes, arredor de 3 500 (2007).

Crow
Apsáalooke aliláau
Pronuncia:[ə̀ˈpsáːɾòːɡè]
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Montana
Total de falantes: 3 500 (2007)[1][2]
Familia: Síux
 Síux occidental
  Síux do val do Missouri
   Crow
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cro
Mapa
Status

O crow está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]
Falante de lingua crow.

Clasificación editar

O crow está estreitamente relacionado coa lingua hidatsa falada polos hidatsa e as dúas linguas son os únicos membros da póla síux do val de Missouri.[5][6] O devanceiro do crow-hidatsa puido constituír a división principal do protosíux. O crow e o hidatsa non son mutuamente intelixibles, mais as dúas linguas comparten trazos fonolóxicos comúns, e teñen unha morfoloxía e sintaxe semellantes. A división entre o crow e o hidatsa puido ter ocorrido hai 300 ou 800 anos.[7][8][9]

Notas editar

  1. "UNESCO Atlas of the World's Languages in danger". www.unesco.org (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2018. 
  2. "Crow en Ethnologue". Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definición de crow* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Silver and Miller 1997: 367.
  6. Graczyk, 2007: 2
  7. Graczyk, 2007: 2-3.
  8. Matthews, 1979: 113-25.
  9. Hollow and Parks, 1980: 68-97.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Graczyk, R. 2007. A Grammar of Crow: Apsáaloke Aliláau. Lincoln, NE: University of Nebraska Press.
  • Hollow, R.C., Jr.; Douglas R. Parks. Studies in Plains linguistics: a review. In Anthropology on the Great Plains, ed. W. Raymond Wood e Margot Liberty. Lincoln, NE: University of Nebraska Press.
  • Kaschube, D.V. 1978. Crow Texts. IJAL-NATS Monograph No. 2. Chicago, IL: University of Chicago Press.
  • Kaschube, D.V. 1963. Structural Elements of Crow. Doctor of Philosophy Dissertation, Department of Anthropology, Indiana University, xuño de 1960. Ann Arbor, MI: University Microfilms.
  • Kaschube, D.V. 1967. Structural Elements of Crow. Boulder, CO: University of Colorado Press.
  • Lowie, R.H. 1945. The Crow Language: Grammatical Sketch and Analyzed Text. American Archaeology and Ethnology, 39 (1942–1945):1-139. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press.
  • Lowie, R.H. 1960. Crow Texts. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press.
  • Lowie, R.H. 1960. Crow Word Lists. Berkeley e Os Ánxeles, CA: University of California Press.
  • Matthews, G.H. 1979. "Glottochronology and the separation of the Crow and Hidatsa." In Symposium on the Crow-Hidatsa Separations, ed. by Leslie B. Davis. Bozeman, MT: Montana Archaeological Society.
  • Silver, S. & W.R. Miller. 1997. American Indian Languages: Cultural and Social Contexts. Tucson: The University of Arizona Press.