A dos aríidos (Ariidae) é unha familia de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes.

Taxonomía editar

Descrición editar

A familia foi descrita en 1858 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico Ariidae está formado, segundo a norma, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo, Arius, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.

Clasificación editar

A famila está subdividida en tres subfamilias, cos xéneros que se indican a continuación:[2]

Distribución e hábitat editar

Encóntranse nos mares e océanos de clima tropical e subtropical que rodean as Américas, África, Asia e Australia, estando ausentes en Europa e na Antártida.[3]

Son principalmente peixes mariños e de augas salobres, pero moitas especies poden adentrarse en auga doce, e incluso algunhas especies soamente poden vivir neste último medio.[3]

Características editar

Presentan placas óseas na cabeza e cerca da aleta dorsal. Son de tamaño de mediano a grande; de corpo alongado e robusto. A cabeza é cónica, arredonada e aplanada; os dentes son finos, cónicos ou granulares, os palatinos en pequenas ou grandes placas; os orificios nasais están moi xuntos; teñen dous, catro ou seis barbas ou bigotes en torno á boca, un par maxilar, un mandibular e outro no mento; de cinco a sete raios branquiostegos; o dorso da cabeza está parcialmente cuberto por un escudo óseo visíbel a trasvés da pel na maioría das especies, o cal pode ser liso, rugoso, estriado ou granuloso, e a súa rexión posterior esténdese até a placa predorsal. A aleta caudal profundamente bifurcada; teñen unha aleta adiposa detrás da dorsal; as aletas pectorais e dorsais presentan espiñas ríxidas e fortes. A liña lateral é completa.[3]

Algunhas especies teñen espiñas velenosas nas aletas pectorais e dorsal.

Bioloxía editar

Aliméntanse de peixes pequenos e dunha gran variedade de invertebrados bentónicos, como gambas, cangrexos e moluscos.[4]

Os machos xeralmente incuban os ovos dentro da súa boca, até o momento da eclosión.[3]

Notas editar

  1. Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlín: VEB Verlag der Wissenschaften.
  2. 2,0 2,1 Ariidae Bleeker, 1858 no WoRMS. Consultada o 5 de agosto de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Family Ariidae en FishBase.
  4. Discover Life

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar