Applications Technology Satellite 6

Applications Technology Satellite 6 ou ATS 6 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 30 de maio de 1974 mediante un foguete Titan IIIC desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Applications Technology Satellite 6
ATS-6 durante as probas de lanzamento.
TipoDemostrador tecnolóxico, comunicacións
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de maio de 1974[1][2][3][4]
Foguete portadorTitan IIIC[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Kennedy[2][6]
Obxectivo da misiónDemostración de novas tecnoloxías no espazo e comunicacións.[2]
NSSDC ID1974-039A
Masa930 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior41.691,1 km[1]
Inclinación12,3 graos[1]
Apoapse36.024,9 km[1]
Periapse35.453,2 km[1]

Características editar

A misión principal de ATS-6 foi despregar unha antena direccionable de alta ganancia en órbita para proporcionar comunicacións mediante o sinal de televisión a receptores terrestres e medir e avaliar o funcionamento da antena.[2]

Como misión secundaria, adicouse a realizar experimentos sobre control aéreo, comunicacións por láser e fotografado da Terra.[2]

O satélite levaba a bordo un motor de ións de cesio para medir o seu pulo e a compatibilidade electromagnética con outros subsistemas da nave. O propulsor medía 8 cm de diámetro e foi deseñado para funcionar a 0,15 kW de potencia, proporcionando 4,5 mN de forza cun impulso específico de 6700 segundos. A voltaxe de entrada no motor era de 5600 voltios e a cantidade de propelente a bordo era de 3,6 kg. En probas previas en terra o récord de funcionamento era de 2614 horas. No ATS-6 o motor funcionou 92 horas debido á finalización prematura do experimento por problemas co sistema de alimentación do propelente.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 6" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 6" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  3. "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (74-20824): 2. 7 de agosto de 1974. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2018). "ATS 6" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 6, G" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011. 
  6. Mark Wade (2018). "ATS-6" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  7. Mark Wade (2011). "ATS 8 cm" (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar