Apple é o único álbum da banda estadounidense de rock alternativo Mother Love Bone, publicado o 19 de xullo de 1990 a través do selo Stardog/Mercury Records.

Apple
Álbum de Mother Love Bone
Publicado19 de xullo de 1990
Gravaciónsetembro - novembro de 1989
Estudio(s)The Plant, Sausalito, California e London Bridge Studios, Seattle, Washington
Duración57:59
Xénero(s)grunge, metal alternativo, glam punk, rock alternativo, heavy metal
Selo(s)Stardog/Mercury Records
Producido porBruce Calder, Terry Date, Mark Dearnley, Mother Love Bone
Cronoloxía
Shine Apple Mother Love Bone

Días antes da data programada para o lanzamento de Apple, o vocalista Andrew Wood tivo unha sobredose de heroína. Despois de pasar varios días en coma no hospital acabou morrendo, acabando tamén con Mother Love Bone. O álbum sería editado varios meses despois e chegou ao número 34 da lista da Billboard Top Heatseekers en 1992. Kim Neely de Rolling Stone dixo que o disco "triunfa onde moitos outros álbums de hard-rock fallaron, capturando a esencia do que fixo a Zep – a dinámica, nenos! – e dándolle un xiro único dos noventa".[1]

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Andrew Wood, toda a música composta por Jeff Ament, Bruce Fairweather, Greg Gilmore, Stone Gossard e Wood.

N.º Título Duración
1. "This Is Shangrila"   3:42
2. "Stardog Champion"   4:58
3. "Holy Roller"   4:27
4. "Bone China"   3:44
5. "Come Bite the Apple"   5:26
6. "Stargazer"   4:49
7. "Heartshine"   4:36
8. "Captain Hi-Top"   3:07
9. "Man of Golden Words"   3:41
10. "Capricorn Sister"   4:19
11. "Gentle Groove[I]"   4:02
12. "Mr. Danny Boy"   4:50
13. "Crown of Thorns"   6:18
57:59

Todas as letras escritas por Wood, toda a música composta por Ament, Fairweather, Gilmore, Gossard e Wood.

Canción extra da reedición
N.º Título Duración
14. "Lady Godiva Blues"   3:40
61:39

Notas editar

  1. "Mother Love Bone: Apple : Music Reviews : Rolling Stone". web.archive.org. 2008-02-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 2023-12-15.