Abrir o menú principal

Macintosh de Apple en 1984 e actualmente está en desuso nos Macintosh en favor das redes TCP/IP.

HistoriaEditar

  • 1984 - Desenvolvemento e inclusión nun Macintosh.
  • 1985 - Neste tempo só se compartían impresoras utilizando o concepto do Selector ou Chooser.
  • 1986 - Introdución de encamiñadores, a súa función é a de separar redes en pequenas porcións para evitar a saturación e o tráfico.
  • 1987 - Introdúcese EtherTalk e un servidor de arquivos. Ata este ano compártense arquivos e tense un servidor como tal.
  • 1988 - Introdúcense VAXes e Computadoras persoais (PC's) á rede. Neste momento danse as primeiras conexións de Macintosh con outros ambientes.
  • 1989 - Xa se teñen miles de nodos EtherTalk. Introdúcense as primeiras interconexións a redes de Internet.

FasesEditar

Podemos dividir Appletalk en dúas fases en canto ás súas características:

Fase 1 (1985):

  • Velocidade de 230,4kbit/s.
  • Distancia máxima de 305 metros.
  • 32 nodos máximos por rede LAN.

Fase 2 (1989):

  • Organización da rede en zonas.
  • Máis de 255 nodos por rede LAN.
  • Introdución de EtherTalk, TokenTalk e LocalTalk para IBM PC.
  • Aparición dun conector máis simple de usar (AppleAUI).

VersiónsEditar

  • Para IBM PC e compatibles.
  • Para Apple IIGS.

Dispoñíbel para a maioría de:

  • Impresoras de rede (sobre todo en impresoras láser).
  • Algúns servidores de arquivos.
  • Unha serie determinada de routers.

DeseñoEditar

O deseño de Appletalk baséase no modelo OSI pero a diferenza doutros dos sistemas LAN non foi construído baixo o sistema Xerox XNS, non tiña Ethernet e tampouco tiña enderezos de 48 bit para o encamiñamento.

DireccionamentoEditar

Neste protocolo incluíronse unha serie de características que permitiron que as redes locais se conectasen sen configuración previa ou necesidade dun router ou servidor.

Appletalk está equipado para asignar enderezos e configurar calquera enrutamento de maneira automática.

ProtocolosEditar

Protocolos de Appletalk no modelo OSI:

Capas-OSI Protocolos AppleTalk
7 AFP PAP
6
5 ZIP ASP ADSP
4          ATP AEP NBP RTMP
3 DDP
2 LLAP ELAP TLAP FDDI ←AARP
1 LocalTalk Ethernet
Token Ring
FDDI

Nivel 1:

  • LocalTalk → Baséase nun sistema de cable de par trenzado e un transceptor funcionando a unha velocidade de 230,4 kbit/s.
  • Ethernet → Estándar de conexión á rede que utiliza unha tarxeta física.
  • Token Ring → Arquitectura de rede con topoloxía física en anel.
  • FDDI → Interface de datos distribuída por fibra.

Nivel 2:

  • AARP (AppleTalk Address Resolution Protocol) → Emítese un paquete pedindo un enderezo de rede (que necesita o dispositivo para conectarse), ata que se atopa un enderezo que non posúa ningún equipo, ao achala, esta utilizarase para o equipo.

Nivel 3:

  • DDP (Datagram Delivery Protocol) → Realiza o transporte de datos de baixo nivel.

Nivel 4:

  • ATP (AppleTalk Transaction Protocol) → Le a solicitude e devolve unha resposta.
  • AEP (AppleTalk Echo Protocol) → Xera paquetes que son enviados ao nodo, o paquete cópiase, e un campo no paquete altérase para crear un paquete de resposta, o cal é devolto ao nodo de orixe (o que xerou a primeira mensaxe).
  • NBP (Name Binding Protocol) → Rexístrase baixo un nome. No caso de que se queira un servizo, NBP consulta para atopar dito servizo.
  • RTMP (Routing Table Maintenance Protocol) → Os routers mantéñense informados mutuamente en todo momento sobre a topoloxía da rede.

Nivel 5:

  • ZIP (Zone Information Protocol) → Asocia os números de rede de AppleTalk con nomes de zonas.
  • ASP (AppleTalk Session Protocol) → Solicita respostas ás ordes, e realiza consultas de estado fóra de banda.
  • ADSP (AppleTalk Data Stream Protocol) → O intento de conexión pode ser rexeitado. Unha vez cortada a conexión dunha das partes, esta será pechada.

Nivel 6 e 7:

  • AFP (Apple Filling Protocol) → Comunícase cos servidores de arquivos de AppleShare.
  • PAP (Printer Access Protocol) → Permitía a comunicación con impresoras PostScrip.

HardwareEditar

O hardware inicial por defecto para AppleTalk era un protocolo de alta velocidade coñecido como LocalTalk que utilizaba os portos RS-422 do Macintosh a 230,4 kbit/s. LocalTalk dividía o porto RS-422 para proporcionar un cable de subida e de baixada nun único porto. O sistema sería lento actualmente, pero grazas á súa relación custo/complexidade, os Macs adoitaban ser as únicas máquinas en rede de moitos negocios.

Un substituto común para LocalTalk era PhoneNet, unha solución alternativa (dunha compañía chamada Farallon) que tamén utilizou o porto RS-422 e era menos custoso de instalar e manter. Ethernet e o token ring tamén foron utilizados, coñecidos como EtherTalk e TokenTalk respectivamente. EtherTalk converteuse gradualmente no método dominante para Appletalk mentres que Ethernet se popularizou na industria do Computador persoal PC a través dos anos 90.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Sidhu, Andrews, Oppenheimer: Inside AppleTalk, 2nd, Addison-Wesley, 1999
  • Apple Computer Inc.: Inside Macintosh: Networking, 2nd, Addison-Wesley, 1994, Chapter 1 - Introduction to AppleTalk (Online-Version)