Apasa
Apasa foi unha cidade do oeste de Anatolia, a derradeira capital do reino de Arzawa, na época de Uhha-Ziti, un vasalo do imperio hitita de Mursilis II, destruída por este tras unha guerra difícil en -1322.
Apasa e Éfeso
editarA cidade identifícase comunmente con Éfeso en razón dunha grande proximidade fonética entre os dous topónimos que podería explicarse por unha relación etimolóxica: Ἔφεσος (/'Ephesos/) sería a forma helenizada de Apasa. O outeiro de Ayasoluk ten en efecto proporcionado algúns vestixios — especialmente unha tumba — e material cerámico datábeis no século -XIV que confirman a existencia dun establecemento anterior á cidade grega arcaica. O feito de que a inscrición de Karabel, redactada por un rei de Mira-Kuwaliya, un dos reinos sucesores de Arzawa no século -XIII, se atope na bisbarra de Éfeso, indica que é probábel que Arzawa se estendese ata o mar Exeo, e que incluíse polo tanto os territorios adxacentes a Éfeso.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarBibliografía
editar- (en alemán) S. Heinhold-Krahmer, Arzawa : Untersuchungen zu seiner Geschichte nach den hethitischen Quellen, Heidelberg, 1977, p. 93.
- (en inglés) J. D. Hawkins, « Tarkasnawa King of Mira 'Tarkondemos', Boğazköy Sealings and Karabel », dans Anatolian Studies 48, 1998, p. 1-31 .
- (en inglés) P. Scherrer (dir.), Ephesos, The New Guide, Selçuk, 2000, p. 14.