Abrir o menú principal

Any Asmara, nado como Achmad Ngubaeni Ranusastraasmara en Rowalu o 13 de agosto de 1913 e finado o 22 de febreiro de 1990,[1] foi un escritor indonesio en lingua xavanesa.

Any Asmara
Nacemento13 de agosto de 1913
 Xava
Falecemento22 de febreiro de 1990
NacionalidadeIndonesia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Non realizou máis estudos que os de primaria, comezou a publicar en 1932 e sempre escribiu en xavanés. Deixou de publicar en 1942 pola Segunda Guerra Mundial e volveu a editar as súas obras en 1950, converténdose nun autor moi popular, escribiu máis de 70 novelas e arredor de 750 relatos curtos, así e todo tivo moitos imitadores que publicaron co seu sobrenome literario e é difícil establecer o número total das obras que realmente escribiu[2]. As súas obras son melodramas cun argumento amoroso romántico no que trata temas morais con abonda violencia e erotismo.

NotasEditar

  1. Buntari, Tintus Anggun Buntari (2006). Aspek pengorbanan dalam tiga novel berbahasa Jawa karya Any Asmara (sebuah pendekatan struktur naratif dan semiotik). 
  2. Quinn, George (1992). The Novel in Javanese: Aspects of Its Social and Literary Character. KITLV Press. p. 33.