Anvita Abbi
Anvita Abbi (en hindi: अन्विता अब्बी), nada en Delhi o 9 de xaneiro de 1949, é unha lingüista india e erudita das linguas minoritarias, especialmente coñecida polos seus estudos sobre linguas tribais e outras linguas de minorías do sur de Asia.[1] En 2013, foi honrada co Padma Shri, o cuarto premio civil máis alto polo Goberno da India polas súas achegas no eido da lingüística.[2]
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1949 (75 anos) Delhi, India |
Educación | Universidade Cornell |
Actividade | |
Ocupación | lingüista |
Premios | |
Traxectoria
editarAnvita Abbi naceu o 9 de xaneiro de 1949[3][4] no seo dunha familia que produciu unha serie de escritores hindi.[5] Despois de estudar en institucións locais, licenciouse en economía (BA Hons) na Universidade de Delhi en 1968.[3][4] Posteriormente, obtivo un máster en lingüística na mesma universidade con primeira división e primeiro rango en 1970[3][4] e continuou os seus estudos para obter un doutoramento na Universidade Cornell, nos Estados Unidos en 1975,[6] con especialidade en Lingüística Xeral e Lingüística do sur de Asia.[3][4] Traballou como profesora de lingüística no Centro de Lingüística da Escola de Estudos da Lingua, Literatura e Cultura.[7] No presente vive en Nova Delhi.
Área de estudo
editarA Anvita Abbi atribúeselle unha ampla investigación sobre as seis familias lingüísticas da India[7] e as linguas e a cultura das Illas Andaman[8] que ela fixo como parte do proxecto Endangered Languages Documentation Project (ELDP) en Vanishing Voices of the Great Andamanese (VOGA),[9][10] SOAS, University of London.[11] Os seus estudos de 2003-2004 axudaron a identificar as distintas características de dúas linguas grandes andamanesas, a lingua järawa e a lingua onge, o cal promoveu o concepto dunha sexta familia lingüística da India.[8][12] Investigacións posteriores dos pobos andamaneses realizadas por outros estudosos confirmaron as descubertas de Abbi, ao atopar dous haplogroupos xenéticos na rexión, viz. M31 e M32.[7]
Ela retomou a súa investigación sobre o tema en 2006, concentrándose na morfosintaxe e no léxico de tres linguas moribundas das illas Andaman e descubriu evidencias que demostran que o gran andamanés pertence a unha familia lingüística diferente.[3][4][12] Tamén elaborou un dicionario inglés-gran andamanés-hindi.[13] O seu proxecto actual abrangue a gramática e a evolución das linguas andamanesas e os seus pobos.[3][4][7]
Profesora da JNU, Abbi axudou a 20 estudantes de doutoramento e 29 MPhil nas súas investigacións.[3][4][7]
Notas
editar- ↑ "Lsi" (PDF). Lsi. 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "Padma 2013". Press Information Bureau, Government of India. 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "JNU CV" (PDF). JNU CV. 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Andamanese CV" (PDF). Andamanese. 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "JNU Profile". JNU. 2014. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "Faculty Profile". JNU. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de otubro de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Hans Rausing Endangered Languages Project". Hans Rausing Endangered Languages Project. 2011. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 "Andamanese Intro". Andamanese. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "Vanishing Voices of the Great Andamanese". SOAS, University of London. 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "Terra Lingua". Terra Lingua. 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ "ELDP". HRELP. 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ 12,0 12,1 "JNU Research". JNU Research. 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ Anvita Abbi (30 de outubro de 2011). A Dictionary of the Great Andamanese Language: English-Great Andamanese-Hindi. Ratna Sagar. p. 480. ISBN 978-9350361252.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Padma Awards List". Indian Panorama. 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- "Padma Shri awarded Anvita Abbi's live interview on National Channel DD1". YouTube video. Doordarshan. 13 de febreiro de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2014.