Antonio Valero Yubero

futbolista español

Antonio Valero Yubero, nado en Madrid o 31 de marzo de 1932 e finado en Sevilla o 3 de outubro de 2018,[1] foi un futbolista español, que xogaba de lateral esquerdo. Militou durante case toda a súa carreira no Sevilla FC, sendo considerado un dos mellores defensas da súa historia.[2]

Valero
Información persoal
Nome Antonio Valero Yubero
Nacemento 31 de marzo de 1932
Lugar de nacemento Madrid
Falecemento 3 de outubro de 2018
Lugar de falecemento Sevilla
Altura 1,72 m.
Posición Lateral esquerdo
Carreira xuvenil
Castilla
Cuatro Caminos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951–1954 RCD Córdoba 69 (0)
1954–1964 Sevilla 194 (3)
1964–1965 Xerez
Selección nacional
1956–1957 España B 3 (0)
1957 España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Madrid, comezou xogando no Castilla, para pasar logo ao Cuatro Caminos.[3] Comezou a súa carreira como futbolista profesional no RCD Córdoba, na Segunda División, categoría na que debutou na primeira xornada da tempada 1951/52 contra o CD Málaga. Titular indiscutible disputou 58 partidos na categoría de prata, ademais doutros 11 de promoción de permanencia.

Tras realizar o servizo militar fichou polo Sevilla FC,[3] por petición do adestrador Helenio Herrera. Militou no club durante as seguintes 10 tempadas, disputando un total de 231 partidos oficiais. Debutou nun partido contra o Deportivo da Coruña en Riazor e foi titular durante a maior parte do seu tempo en Sevilla, chegando a xogar varios partidos da Copa de Europa. En maio de 1963 sufriu unha lesión, e aínda que se recuperou non volveu disputar ningún partido oficial co Sevilla. Deixou entón o club e xogou unha última tempada co Xerez antes de retirarse aos 33 anos.[3]

Selección nacional editar

Disputou tres partidos coa selección B de España, e en 1957 xogou o seu primeiro e único partido coa selección absoluta. Foi nun amigable contra os Países Baixos, o mesmo encontro no que debutaron Luis Suárez e Alfredo Di Stéfano e que rematou con goleada española (5-1). Formou defensa aquel día xunto a Orúe e o seu compañeiro no Sevilla Campanal II.[4]

Notas editar

  1. "Fallece Antonio Valero, Dorsal de Leyenda de los años 50". Diario de Sevilla (en castelán) (Sevilla). 3 de outubro de 2018. Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  2. "Antonio Valero, V Dorsal de Leyenda". sevillafc.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ramos, Jesús (8 de febreiro de 2020). "Valero, el eterno defensa izquierdo del Sevilla". Marca (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  4. "Más de noventa mil personas presenciaron la victoria de la selección española de fútbol frente a la holandesa, por 5 a 1". La Noche (en castelán) (11193). 31 de xaneiro de 1957. p. 5. Consultado o 1 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar