Antonio Pedrosa y Ulloa

III Marqués de Villaverde de Limia, nobre e político galego


Antonio Pedrosa y Ulloa, marqués de Villaverde de Limia, nado en Ourense o 2 de novembro de 1847 e finado en Lugo o 24 de xaneiro de 1907, foi un nobre e político galego.

Infotaula de personaAntonio Pedrosa y Ulloa
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1847 Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1907 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1847 como fillo primoxénito de Ramón Pedrosa Porras, señor da casa de Leiro, e de Asunción Ulloa Sotelo de Neira. Casou con Ascensión González Neira tendo, polo menos, oito fillos.[1][2] Vencellado a Agustín María Saco y Ulloa, carlista e titor seu, Antonio Pedrosa y Ulloa tamén militou neste movemento, sendo secretario da xunta provincial de Lugo do partido carlista en 1871 e concorreu ás eleccións xerais de España de abril de 1872.[3][4] Nesta convocatoria, os carlistas e os republicanos federalistas xuntaran forzas presentando listas dentro da chamada Coalición Nacional. Este acordo é considerado polos historiadores como "antinatural" posto que o punto de unión entre ambas as dúas tendencias, antagónicas, era a oposición a Amadeu I.[2] Deste xeito, Antonio Pedrosa y Ulloa sumou 4 353 votos dos 5 242 emitidos no distrito de Lugo.[5] Desta volta foi o único deputado carlista electo en Galicia, o que supuxo un descenso significativo, pois o carlismo viña de acadar seis escanos galegos en 1871.[6] A súa experiencia como deputado foi moi breve: antes dos dous meses dende que tomou posesión da acta, disolveuse o Congreso dos Deputados ante a imposibilidade de formar goberno e fixáronse novas eleccións para agosto de 1872. Foi cuñado de Dositeo Neira Gayoso, deputado e senador durante a Restauración borbónica. Faleceu en Lugo o 24 de xaneiro de 1907.[7]

Notas editar

  1. "Antonio Pedrosa y Ulloa, III marqués de Villaverde de Limia, * 1847". geneall.net. Consultado o 2023-09-24. 
  2. 2,0 2,1 Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). "Parlamentarios de Galicia". Real Academia Galega. p. 516. ISBN 84-87987-25-7. Consultado o 2023-09-24. 
  3. Comesaña Paz, Alfredo (2016-09-19). Hijos del Trueno: La Tercera Guerra Carlista en Galicia y el Norte de Portugal (en inglés). SCHEDAS. ISBN 978-84-16558-36-0. 
  4. Vizconde de la Esperanza (1871). La Bandera Carlista en 1871. Historia del desarrollo y organizacion del partido Carlista desde la revolucion de Setiembre ... y biografias y retratos de los senadores y diputados Carlistas elegidos por el voto de la nacion (en castelán). Editorial del Pensamiento Español. p. 409. 
  5. "PEDROSA Y ULLOA ANTONIO . 29. Elecciones 2.4.1872 - Congreso de los Diputados". www.congreso.es. Consultado o 2023-09-24. 
  6. Ferrer, Melchor (1941). Historia del tradicionalismo español (en castelán). Ediciones Trajano. p. 264. 
  7. "VII aniversario". El Progreso. 23-1-1907. p. 2. Consultado o 24-9-2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar