Antonio Pérez Prado

médico e intelectual galego

Antonio Pérez Prado, nado o 19 de novembro de 1926 no barco da emigración e finado en Buenos Aires o 7 de setembro de 2009, foi un médico e intelectual galego.

Infotaula de personaAntonio Pérez Prado
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Morte7 de setembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Medicina da Universidade de Bos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de pais orixinarios de Begonte (Terra Chá), naceu no barco que os levaba a Buenos Aires. Nos anos 50 foi soldador nos Estados Unidos. Ao regreso estudou medicina na Arxentina, e logo traballou no Hospital Municipal de Buenos Aires e no sanatorio do Centro Galego.

Sen participar activamente en ningunha organización galeguista, a finais dos anos 50 entrou en contacto coa colonia galega e recuperou os lazos con Galicia da man de intelectuais como Neira Vilas e Luís Seoane. Participou activamente na creación da Asociación Argentina de Hijos de Gallegos, entidade conformada polos fillos de emigrantes galegos que compartían inquietudes nacionalistas.

Articulista na prensa arxentina e autor de varios tratados de divulgación científica, en 1973 publicou un clásico da literatura da emigración: Los Gallegos y Buenos Aires. Foi guionista do documental Castelao. Biografía de un ilustre gallego (1980), do arxentino Jorge Prelorán.

Os seus restos foron enterrados no Panteón do Centro Galego.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar