Antonio Pérez Pérez

afiador e político galego

Antonio Pérez Pérez, nado na Costa (Albarellos, Boborás) e finado en Baiona en 1986, foi un afiador e político galego.

Infotaula de personaAntonio Pérez Pérez
Biografía
NacementoA Costa, España Editar o valor em Wikidata
Morte1986 Editar o valor em Wikidata
Baiona, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Asturias e despois, nos anos vinte, a Baiona. Traballou construíndo estradas e de mineiro, ata asentarse definitivamente en Baiona como afiador. Na segunda guerra mundial integrouse nun grupo comunista da Resistencia. que realizaba labores de sabotaxe e información e facilitaba a fuxida de xudeus e pilotos aliados, a través dos Pireneos. En xaneiro de 1943 foi detido na Operación Escuma de Mar en compañía de Thérèse Manathon, Eladio Crespo, Jacinto Sánchez e Augusto García. Pasou polas prisións de Baiona e Bordeos, onde sufriu tortura, e chegou a Compiègne en xuño. Foi deportado a Buchenwald o 17 de xaneiro de 1944 xunto con outros 229 españois. Ingresou no campo co número 40623 e, despois do período de corentena no campo pequeno, pasou ao block 40, no campo principal, onde sobreviviu traballando de carpinteiro. Foi liberado polas tropas americanas o 11 de abril de 1945. Regresou a Baiona, onde volveu traballar como afiador. Conseguiu a nacionalidade francesa en 1948, e militou no PCF ata o seu falecemento. Nunca regresou a Galicia.

Vida persoal editar

Casou en Baiona con Escolástica, de orixe navarra. En 1931 naceu a súa única filla, Dominique Pérez.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar