Antonio Meucci

Antonio Santi Giuseppe Meucci, nado en Florencia o 13 de abril de 1808 e finado en Nova York o 18 de outubro de 1889, foi un inventor italiano, coñecido como o creador do teléfono.

Antonio Meucci
Antonio Meucci.jpg
Nome completoAntonio Santi Giuseppe Meucci
Nacemento13 de abril de 1808
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento18 de outubro de 1889
Lugar de falecementoStaten Island
NacionalidadeEstados Unidos de América e Reino de Italia
Alma máterAcademia de Belas Artes de Florença
Ocupacióninventor, enxeñeiro e físico
CónxuxeEster Mochi
Coñecido porTeléfono e invention of telephone
Na rede
WikiTree: Meucci-2 Find a Grave: 89717761 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Academia de Belas Artes da capital de Toscana, traballando posteriormente como empregado da alfándega e como técnico de escenarios no Teatro da Pergola, onde coñeceu á súa futura esposa, Ester Mochi.

Estudou enxeñería química e enxeñería industrial. Foi preso entre 1833-1834 por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día 7 de agosto de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses.

En outubro de 1835 Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis volver. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en Cuba onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na Habana. En 1850, Meucci e a súa muller emigraron para os Estados Unidos, e chegaron a Clifton (en Staten Island, preto da cidade de Nova York) onde Meucci viviu o resto da súa vida.

En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do reumatismo da súa esposa.

Pero , debido a dificultades financeiras, Meucci apenas conseguiu pagar a patente da súa invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que en 1876 o patentou como invención súa. Meucci denunciouno, mais acabou falecendo durante o xuízo e o caso foi encerrado.

Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono, mais o traballo de Meucci foi recoñecido postumamente o 11 de xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº. 269 na cal se recoñeceu que o inventor do teléfono foi, na realidade, Meucci e non Alexander Graham Bell.