Antonio Martínez Aneiros
Antonio Martínez Aneiros, coñecido como Antón Aneiros, nado no Val (Narón) o 3 de xuño de 1933, é un sacerdote e político galego.
Antonio Martínez Aneiros | |
---|---|
![]() Antonio Martínez Aneiros, en Ribadeo o 12 de maio de 2018, no funeral de aniversario de José María Rodríguez Díaz. | |
Nacemento | 3 de xuño de 1933 |
O Val | |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Crego católico, abandonou o sacerdocio pero segue vinculado ás asociacións cristiáns de base como coordinador do movemento Somos Igrexa.
Foi o primeiro alcalde que tivo Narón trala aprobación da constitución de 1978, elixido nas municipais de 1979 por Unidade Galega. Logo da ruptura desta formación foi reelixido en 1983 dentro da formación de carácter local Agrupación Nacionalista Galega de Narón.
En 1985 esta formación incorporouse ó PSG-EG e presentouse ás eleccións ó Parlamento Galego, nas que resultou elixido, como número un, pola provincia da Coruña, desenvolvendo o traballo parlamentario durante toda a lexislatura.
Predecesor: Antonio Sánchez Berbis |
alcalde de Narón 19/03/1979 - 13/12/1985 |
Sucesor: Xoán Gato |
RecoñecementosEditar
O Concello de Narón puxo o seu nome a unha rúa e ao Complexo Social da súa parroquia natal en 2016.[1]
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 27-11-2016, p. 7.