Movemento Internacional Somos Igrexa

(Redirixido desde "Somos Igrexa")

O Movemento Internacional Somos Igrexa (en inglés: International Movement We are Church) é unha rede internacional de grupos independentes e autónomos que traballan pola reforma da Igrexa Católica afondando nas decisións do Concilio Vaticano II.

O movemento xorde en 1995 en Austria co nome de Wir sind Kirche, estendéndose a Alemaña e Tirol do Sur, creándose o 25 de novembro 1996 o Movemento Internacional Somos Igrexa sobre a base da Declaración de Roma que axunta cinco demandas:

  • Participación do pobo de Deus na elección dos bispos.
  • Acceso das mulleres ao sacerdocio.
  • Celibato opcional para os sacerdotes.
  • Actitude positiva cara a sexualidade.
  • Mensaxe de alegría e non de condena.

Cada grupo local pode ter outras demandas pero son esas cinco sobre as que traballa o movemento internacional. En Galicia Somos Igrexa Galicia fai parte da Coordinadora de Crentes Galegos [1] que avoga pola desaparición dos crucifixos das escolas e defende un novo sistema económico[2].

NotasEditar

Ligazóns externasEditar

Sitio Oficial