Antonio Lage Méndez

José Antonio Lage Méndez, nado en Celeiro (Viveiro) en 1928 e finado na mesma vila en maio de 2020,[1][2] máis coñecido como Antón da Amora, foi un patrón de pesca galego, pioneiro en ir á pescada do Gran Sol.

Infotaula de personaAntonio Lage Méndez
Biografía
Nacemento1928 Editar o valor em Wikidata
Celeiro, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 2002 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do republicano Manuel Lage Vieiro[3] e Carmen Méndez Vizoso, matrimonio que agochou ó guerrilleiro, Marrofer, Manuel Rodríguez Fernández.

A súa labor como descubridor de caladoiros foi un fito para a frota galega e o porto de Celeiro. Coñecido pola defensa dos navíos galegos na guerra das 200 millas capitaneando o barco Nemesia Santos, polas incursión nos mares do Sur co Acacio Vale e co Catalina[4] nos caladoiros do norte. Naufragou ata en tres ocasións. Tivo un papel heroico mandando o Colindres no rescate de embarcacións e mariñeiros na galerna de 1961,[5][6] que describen os historiadores coma Hixinio Puentes. Con forte compromiso social local, loitando polos dereitos dos mariñeiros, a protección da Ría de Viveiro ou estivo vencellado á creación da Asociación de Veciños de Celeiro.

Notas editar

  1. J. Pino (9 de maio de 2020). "Antón da Amora". La Voz de Galicia. 
  2. "Celeiro despide a Antonio Lage, patrón alto y comprometido". La Voz de Galicia. 9 de maio de 2020. 
  3. Manuel Lage Vierio na páxina web Nomes e Voces.
  4. , J. Pino (9 de maio de 2021). "La vida marinera del pionero de la pesca de Gran Sol". La Voz de Galicia. 
  5. Reporteiros (21 de abril de 2013). "A galerna do 61 que sumiu a vila de Celeiro na dor". YouTube. 
  6. Redacción (20 de xuño de 2010). "«Nada máis chegar a porto apareceu a nai dun que perecera, preguntaba polo fillo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar