Antonio López Acuña

xornalista, escritor e político galego

Antonio López Acuña, nado en Lugo o 3 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade en decembro de 1993,[1] foi un xornalista, escritor e político galego.

Infotaula de personaAntonio López Acuña
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1911 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou estudos de Profesorado Mercantil na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña e despois fixo a carreira de Maxisterio. Formou parte da xuventude da Unión Regional de Derechas de Lugo, en 1933 dirixiu o periódico Mundo de Ahora e colaborou en La Voz de la Verdad. Falanxista, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi redactor de Azul e dirixiu a revista da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e Información de Economía y Legislación Mercantil y Tributaria. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Lugo. Foi funcionario de carreira dos corpos técnico-administrativos da Deputación Provincial de Lugo e do Servizo Nacional de Produtos Agrarios e foi designado secretario técnico dos padroados provinciais de Formación Profesional e Ensinanza Media e Profesional de Lugo.

Obras editar

  • Historia de la Biblioteca Provincial, 1938.
  • Guía del Productor y Molinero, 1943.
  • El Libro del Productor, 1944.
  • A B C del Agricultor, con un cancionero de molino, 1945.
  • Comentarios a las secciones de Teología y Derecho de la Biblioteca de la Provincia.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 14-12-1993, p. 32.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar