Antonio Goyanes Cedrón

avogado e político galego

Juan Antonio Goyanes Cedrón, finado en Ponteceso o 14 de setembro de 1952,[1] foi un avogado e político galego.

Antonio Goyanes Cedrón
Falecemento14 de setembro de 1952
Lugar de falecementoPonteceso
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de José Goyanes Meneses e irmán de Vicente Goyanes Cedrón. Licenciado en Dereito, foi xuíz municipal de Ponteceso (1903). Durante a Segunda República militou no Partido Radical. Deputado provincial, foi elixido presidente da Deputación da Coruña en abril de 1934, permanecendo no cargo ata decembro de 1935.


Predecesor:
Victoriano Fabeiro García
  
Presidente da Deputación da Coruña
 
1934 - 1935
Sucesor:
Estanislao Pérez Artime

Vida persoal editar

Casou con Teresa Varela Amarelle, filla de Isabel Amarelle Rodríguez, e foi pai de José, Isabel, Clarisa e Daniel Goyanes Varela.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 16-9-1952, p. 7.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar