Antonio Fernández Rocha

político español
(Redirección desde «Antonio Feliciano Fernández Rocha»)

Antonio Feliciano Fernández Rocha, nado no Brasil en 1953, é un político galego do PPdeG que foi alcalde do concello de Tui[1].

Infotaula de personaAntonio Fernández Rocha
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Brasil Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Contratista rural e despois promotor inmobiliario. Concelleiro do PPdeG en Tui dende 1991, chegou á alcaldía en 1998, a través dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG, Miguel Ángel Capón Rey[2], que contou co apoio doutros 4 edís que habían formado parte con el do PPdeG ata uns meses atrás, con 2 edís do PSdeG, 1 edil anteriormente do BNG e o concelleiro da CNG Ángel Álvarez Durán. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como independente nas filas do CPT, gañando as eleccións e gobernando de novo co apoio dun edil que fora electo nas listas do PPdeG. Nas municipais de 2003 o PPdeG readmiteuno, marchando Capón, e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas de 2007 logrou maioría simple, acadando 7 dos 17 concelleiros, polo que necesitou o apoio do TUI (Tudenses Unidos Independentes) de Diz Guedes para gobernar.

En marzo de 2010 foi xulgado por unha agresión a un veciño da localidade, que lle recriminara pola súa política urbanística[3]. Non concorreu como candidato en 2011, deixando paso ao seu compañeiro Moisés Rodríguez Pérez que o sucedeu na alcaldía con maioría absoluta. Trala renuncia deste último a encabezala candidatura popular no 2015 volveu a selo candidato da formación conservadora, a cal sufriu unha auténtica desfeita e pasou de 9 a 4 concelleiros, se ben segue sendo a formación máis votada. Desta forma, os socialistas lograron a alcaldía co apoio doutros grupos. En xuño de 2017 presentou a súa dimisión como concelleiro para facilitar unha moción de censura contra o entón goberno local[4].


Predecesor:
Miguel Ángel Capón Rey
  
Alcalde de Tui
 
1998 - 2011
Sucesor:
Moisés Rodríguez Pérez

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar