Moisés Rodríguez Pérez

alcalde de Tui

Moisés Rodríguez Pérez, nado en Tui o 5 de marzo do 1971, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Tui dende o 2011 ata o 2015.

Moisés Rodríguez Pérez
Moisés Rodríguez Pérez
Moisés Rodríguez Pérez na XXI Feira do Viño do Rosal

2011 – 2015
Precedido por Antonio Fernández Rocha
Sucedido por Enrique Cabaleiro González

Datos persoais
Nacemento 5 de marzo de 1971 (53 anos) Tui

Traxectoria editar

Foi elixido concelleiro en Tui do PPdeG en 1995. Foi un dos concelleiros populares que en febreiro de 1998 apoiou ao tamén edil conservador Antonio Fernández Rocha nunha moción de censura contra o alcalde do seu partido Miguel Ángel Capón Rey. Volveu a ser concelleiro en 1999 baixo a lista independentes de CPT encabezada por Rocha e coa que mantiveron o goberno logrado na moción de censura. En 2003 regresaron ao PPdeG e volveu a ser concelleiro, ao igual que en 2007, mantendo en ambas ocasións o goberno.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Tui en substitución de Rocha e foi elixido alcalde por maioría absoluta[1]. Non se presentou á reelección nas eleccións municipais de 2015, e deixou a política municipal tras 20 anos nela.[2].

En febreiro de 2017 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia[3], tras haber concorrido nas listas do PPdeG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que tampouco saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[4].


Predecesor:
Antonio Fernández Rocha
  
Alcalde de Tui
 
2011 - 2015
Sucesor:
Enrique Cabaleiro González

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar