Antonio Culebras Souto
Antonio Culebras Souto, nado en Santiago de Compostela o 26 de outubro de 1907 e finado en Becerreá o 14 de agosto de 1954, foi un médico internista galego republicano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1907 Santiago de Compostela, España |
Morte | 14 de agosto de 1954 (46 anos) Becerreá, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Pai | Xesús Culebras |
Formación
editarFillo de Xesús Culebras Rodríguez. Iniciou os estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, finalizándoos na Universidade de San Carlos de Madrid. Alumno interno da Cátedra de Roberto Nóvoa Santos. Bolseiro da Junta para la Ampliación de Estudios (JAE) para colaborar como profesor invitado da cátedra de hematoloxía dirixida polo prof. Müller na Universidade de Leipzig, de onde regresou precipitadamente a Madrid, ao inicio da Guerra Civil.
Médico Interno de Patoloxía Xeral dende marzo de 1931 (Prof. Azcárraga) e Axudante de Clases Prácticas durante o curso 1933/34. Médico Interno en febreiro de 1935, prorrogado por un ano o de marzo de 1936.
Actividade profesional
editarPola súa formación académica e polas necesidades da guerra, foi destinado en setembro de 1936 ao Hospital Clínico de Madrid, denominado a partir desas datas, Hospital de sangue intuíndo xa a súa función primordial de proporcionar todas as terapias relacionadas co fluído vital para tratar aos feridos que se presupuña chegarían en aluvión desde a fronte próxima.
O Instituto hispano-canadense de transfusión, no número 36 da rúa do Príncipe de Vergara de Madrid, foi un dos primeiros bancos de sangue creados en España e tamén no mundo. Alí, en colaboración con Edward Barski da Brigada Lincoln norteamericana e Norman Bethune do Batallón Papineau do Canadá desenvolveron e instauraron as unidades de transfusión de sangue na fronte de Madrid[1] e no que o Dr. Culebras, xunto ao resto do equipo sanitario, prestaron un extraordinario servizo;[2] ver figura 1 onde se mostra a certificación de prestación de servizos no Hospital de Sangre, 1936. Posteriormente, Antonio Culebras trasladouse a Linares (Jaén) onde exerceu de Comandante Xefe de Transfusión de Sangre dos Exércitos de Estremadura e Andalucía ata a fin da guerra.
Figura como cesado o 28 de marzo de 1939 ao ser sinalado por Enrique García Ortíz como persoa identificada co Fronte Popular,[3] e en consecuencia separado como docente.[4]
Ao finalizar a guerra foi condenado polo delito de auxilio á rebelión en consello de guerra reunido en Madrid o 7 de outubro de 1939, á pena de doce anos e un día de reclusión, conmutada pola de seis anos e un día de prisión (recluído no cárcere de Porlier), en Madrid, onde cumpriu dous anos de condena. En consecuencia, foi apartado da universidade e inhabilitado para cargos públicos e de confianza.[5]
En xuño de 1954, dous meses antes da súa morte, obtivo a cancelación da nota de antecedentes penais no rexistro Central de Penados e Rebeldes (ver imaxe).
Morreu aos 47 anos en accidente de automóbil.[6]
Notas
editar- ↑ Faustina Rubio Campal, Benjamín García Espinosa, Manuel Carrasco Carrasco. Fundamentos y técnicas de análisis hematológicos y citológicos. Madrid, España: Editorial Paraninfo; 2004. Páx. 514.
- ↑ "Crónica de retaguardia. La transfusión de sangre" ABC. Consultado o 27 de setembro de 2013.
- ↑ Fernando Pérez Peña. Exilio y depuración política en la Facultad de Medicina de San Carlos Arquivado 21 de agosto de 2016 en Wayback Machine.. Madrid, España: Editorial Visión; 2005. Consultado o 12 de setembro de 2013.
- ↑ Luis Enrique Otero Carvajal. La destrucción de la ciencia en España: La depuración de la Universidad de Madrid en la dictadura franquista. Madrid, España: Editorial Complutense; 2006.
- ↑ Josep L Barona. El exilio científico republicano. Valencia, España: Universidad de Valencia; 2010. Páx. 312.
- ↑ Nota necrolóxica ABC. Consultado o 12 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Culebras Souto |
Ligazóns externas
editar- "Antonio Culebras Souto". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Jesús Manuel Culebras Fernández. Francis D. Moore: Cirujano, maestro y líder. Valladolid, España: Real Academia de Medicina y Cirugía de Valladolid; 2008.