Antonio Caneda Rodríguez
Antonio Caneda Rodríguez, nado en Medos (San Xoán de Río) o 4 de maio de 1906 e finado en San Cosmede de Cusanca (O Irixo) o 29 de agosto de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1906 Medos, España |
Morte | 29 de agosto de 1937 (31 anos) San Cosmede de Cusanca, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Pedro Caneda Rodríguez |
Traxectoria
editarAsistiu ás escolas da Fundación Eumenio Ancoechea na Pobra de Trives. Estudou Maxisterio en Ourense e incorporouse á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Foi mestre na escola de Medos entre 1934 e 1936. Trasladou a escola de Medos á casa reitoral. Militante do Partido Radical-Socialista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e trasladado a Ourense. Foi cesado como mestre en agosto.[1][2] Foi obrigado a traballar na limpeza das rúas de Ourense. Foi trasladado preso a Castro Caldelas, de onde o sacaron para asasinalo nas proximidades do Paraño, na parroquia de San Cosmede de Cusanca, en agosto de 1937.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web sobre Antonio Caneda Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Tríptico homenaxe Antonio Caneda 2007