Antonio Balboa Salgado
historiador galego
Antonio Balboa Salgado, nado en Verín en 1966[1], é un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Verín, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarEstudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela, e acadou o premio extraordinario de licenciatura. Acadou o doutoramento, especializándose na Idade Antiga de Galicia. Realizou investigacións en Alemaña como bolseiro do Deutscher Akademischer Austauschdienst, Austria como bolseiro do Österreichische Austauschdienst, Francia e Italia.
De 1991 a 1993 foi o presidente da Asociación Galega de Historiadores[2]. Foi codirector de Edicións Lóstrego entre 2000 e 2013, cando pechou.
Defende un celtismo crítico que concibe a Galicia influída por unha cultura céltica conectada co marco atlántico.
Obras
editar- Gallaecia nas fontes clásicas (Universidade de Santiago de Compostela, 1996)[3]
- A raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (Edicións Lóstrego, 2005)
- As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia (Editorial Toxosoutos, 2006)[4]
- A Galicia Celta (Edicións Lóstrego, 2007)
Recoñecementos
editar- Premio Taboada Chivite por Gallaecia nas fontes clásicas (1993)
- Premio Manuel Murguía de Ensaio por A Raíña Lupa. As orixes pagás de Santiago (2004)[5]
Notas
editar- ↑ Antonio Balboa Salgado, obras do autor catalogadas na web Cultura Galega.
- ↑ IGALHIS, na web da revista Murguía.
- ↑ Gallaecia nas fontes clásicas, .pdf en Scribd.
- ↑ As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia, ficha na web da editorial.
- ↑ "Una revisión de los orígenes del mito de Santiago gana el premio Murguía", artigo de Eva Moreda en La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2004 (en castelán).