Antilopininos
Antilopini

Antilope cervicapra macho
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Antilopinae
Tribo: Antilopini
Hassanin e Douzery, 2003
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos antilopininos (Antilopini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.

Cabezas de gacelas de varios xéneros
Antidorcas ♂ (arriba á esquerda),
Gazella ♂♂ (números 2 a 8),
Eudorcas ♂♂ (parte inferior esquerda e dereita).

Comprende varias especies de gacelas de mediano tamaño, que viven no Sáhara e ao redor deste deserto, no Corno de África e en Eurasia.[1]

Características editar

Viven en pequenas mandas que teñen un macho territorial como líder e, ás veces, únense con outras especies de gacelas. A súa pelaxe é brillante, de cor parda ou canela. A maioría das especies teñen listas negras e marcas faciais. As femias teñen os cornos moi curtos en comparación cos machos.[2] Alcanzan velocidades máximas deaté 60 km/h, e teñen a capacidade de saltar e xirar bruscamente. Están ben adaptados á vida en contornos abertos.[3]

Taxonomía editar

Descrición editar

A tribo foi creada en 2003 polos científicos franceses Alexandre Hassanin, e Emmanuel J. P. Douzery, especialistas en filoxenia e anatomía comparada, no seu traballo "Molecular and morphological phylogenies of Ruminantia and the alternative position of the Moschidae". Systematic Biology 52 (2): 206-228.[4]

Xéneros e especies editar

Notas editar

  1. Kingdon, J. 2015. The Kingdon Field Guide to African Mammals, 2ª ed. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-2135-2.
  2. "Gazelle Tribe: Antilopini". The Living Africa. Consultado o 16 de outubro 2018. 
  3. Huffman, Brent. "Subfamily Antilopinae". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2008. Consultado o 16 de outubro de 2018. 
  4. Tribe Antilopini Arquivado 17 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar