Anthocharis euphenoides

especie de insecto

Anthocharis euphenoides é un lepidóptero ropalócero da familia Pieridae. (Staudinger, 1869).[1][2][3]

Anthocharis euphenoides

Anthocharis euphenoides andalusica (macho)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Pieridae
Xénero: Anthocharis
Especie: A. euphenoides
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

Distribución editar

Habita a Península Ibérica incluída Andorra, outros puntos de Francia (desde Alta Garona até o Macizo Central e Provenza), en Ticino en Suíza e en varios puntos de Italia (moi local: Lacio, Abruzos). Ausente ao noroeste de Portugal. Está presente de 0 a 1800 m.[1]

Morfoloxía editar

A eiruga é gris azulada con pequenas manchas negras brillantes excepto unha franxa por riba dos espiráculos que é unicamente branca cara a gris azulada punteada de negro. Presenta unha liña dorsal amarela. A parte inferior da eiruga tamén é amarela. Recuberta dunha pilosidade curta e escasa.

O imago presenta variación de coloración entre ambos os sexos. O macho é amarelo limón cunha prominente mancha laranxa no ápice alar culminada por unha zona marrón. A femia, en cambio, é branca cunha mancha no ápice laranxa e marrón e unha mancha negra nas ás anteriores. Reverso das ás posteriores amarela con manchas verdes oliva nos dous sexos.

Hábitat editar

Áreas secas con flores, normalmente cálidas; marxes de campos de cultivo. A eiruga aliméntase de Biscutella, preferentemente de Biscutella laevigata e Biscutella auriculata.[1]

Período de voo editar

Voa nunha única xeración entre abril e xullo. Nalgunhas localidades a partir de marzo. Hibernación como pupa sobre plantas mortas.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Tolman, Tom; Lewington, Richard (2011). Mariposas de España y Europa. Lynx. ISBN 978-84-96553-84-2. 
  2. "Anthocharis euphenoides". www.eurobutterflies.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. 
  3. "Anthocharis euphenoides - LepiWiki". lepiforum.org. Consultado o 4 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar