Antón I Naxib

Antón I Naxib (en árabe: أنطونيوس الأول نجيب), nado en Samalut[1] (gobernación de Minia, Exipto) o 18 de marzo de 1935 e finado no Cairo o 28 de marzo de 2022,[2] foi un eclesiástico católico copto, Patriarca de Alexandría entre 2006 e 2013, e cardeal da Igrexa Católica.

أنطونيوس الأول نجيب
(Antón I Naxib)
Antonios I Naguib.jpg
Patriarca da Igrexa Católica Copta
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1935 en Samalut, Exipto
Ordes
Ordenación sacerdotal30 de outubro de 1960
Consagración episcopal9 de setembro de 1977, por Estevo I Sidarus
Creado cardeal20 de novembro de 2010, por Bieito XVI
Patriarca de Alexandría
2006 - 2013
PredecesorEstevo II Ratas
SucesorAbraham Isaac Sidrak
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Entre 1953 e 1958 estudou no seminario interritual de Maadi (O Cairo) e, posteriormente, na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. Á súa volta a Exipto, realizou o servizo militar, e posteriormente foi ordenado sacerdote o 30 de outubro de 1960.[1] Despois de exercer o seu ministerio durante un ano en Al-Fikria, na gobernación de Minia, volveu a Roma onde licenciouse en Teoloxía en 1962 e en Sagradas Escrituras en 1964 polo Pontificio Instituto Bíblico. A partir de 1964 foi profesor de Sagrada Escritura no seminario de Maadi. Tamén traballou coa Sociedade Bíblica do Líbano nunha nova tradución árabe do Novo Testamento, común para católicos, ortodoxos e protestantes.

Bispo de MiniaEditar

O 26 de xullo de 1977 foi nomeado bispo de Minia.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Estevo I o 9 de setembro.[1]

Durante o seu pontificado preocupouse especialmente pola formación dos sacerdotes, para os que instituiu retiros e cursos formativos específicos de xeito continuo ao longo do ano. Tamén esforzouse na formación relixiosa dos laicos, fomentando as vocacións ao sacerdocio e á vida consagrada. Outra das súas prioridades na eparquía de Minia foi a educación, polo que creou tres escolas católicas, abertas a cristiáns e musulmáns.

Por problemas de saúde, renunciou ao goberno da eparquía o 9 de setembro de 2002.[1]

Patriarca de AlexandríaEditar

O 30 de marzo de 2006 foi elixido patriarca de Alexandría polo Santo Sínodo da Igrexa Católica Copta.[1] Unha semana máis tarde, o papa Bieito XVI lle concedeu a comuñón eclesiástica.[1]

No consistorio do 20 de novembro de 2010 o papa Bieito XVI creouno cardeal.

En febreiro de 2012, a súa saúde deteriorouse novamente, polo que o bispo de Asiut Kirilus Wiliam foi designado para gobernar a Igrexa en caso de incapacidade do patriarca. O cardeal sufriu un ataque cerebral o 31 de decembro de 2011 que lle provocou unha parálise parcial e dificultades na fala. Renunciou ao cargo de patriarca o 15 de xaneiro de 2013.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Annuario Pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 3. ISBN 9788820981914. 
  2. Glatz, Carol (28 de marzo de 2022). "Cardinal Naguib, retired patriarch of Coptic Catholic Church, dies at 87". Crux. Catholic News Service. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ishaq Ratas
 Bispo de Minia 
1977 - 2002
Sucesor:
Abraham Isaac Sidrak
Predecesor:
Estevo II Ratas
 Patriarca de Alexandría 
2006 - 2013
Sucesor:
Abraham Isaac Sidrak