Pallacanestro Biella

Equipo de baloncesto italiano
(Redirixido desde "Angelico Biella")

O Pallacanestro Biella é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Biella, na rexión de Piemonte. Fundado en 1994, actualmente xoga na Serie A2, a segunda máxima competición do baloncesto italiano.

Pallacanestro Biella
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 1994
Cores                Vermello, azul, branco
Presidente Italia Massimo Angelico
Adestrador Italia Michele Carrea
Patrocinador Angelico
Vestimenta Errea
Localización
Cidade Italia Biella (Italia)
Pavillón Biella Forum
Capacidade 5.007
Inauguración febreiro de 2009
pallacanestrobiella.it

Recibe o nome de Angelico por mor do seu patrocinador, unha compañía téxtil con sede na propia cidade de Biella. Xogan os seus encontro coma local no Biella Forum, un pavillón inaugurado en febreiro de 2008 con capacidade para 5.007 espectadores.

HistoriaEditar

O actual equipo foi fundado en 1994 a partir da unión de dous equipos da cidade, o Biella Basket Club e o Amici del Basket Biella. O club é distinto ao Libertas Biella que participou na Serie A durante os anos 1960. O primeiro adestrador deste novo equipo foi Federico Danna, que xa adestrara na serie A ao Auxilium Torino nos anos 1980.

O equipo comezou a súa historia na serie B2, mais foi ascendendo rapidamente a través das diferentes divisións do campionato italiano: en 1996 o equipo gañou o campionato da Serie B2 e ascendeu á Serie B1; en 1998 o equipo consegue promocionar á segunda categoría da liga italiana, a Serie A2, gañando nos playoffs de ascenso. En 2001 o club gaña a Liga cun rexistro de 30 vitorias e 6 derrotas, conseguindo promocionar á Serie A. Dende o seu ascenso até o ano 2011, o equipo chegou xogar os playoffs polo título en tres ocasións.

Nomes ao longo da historiaEditar

Ao longo da súa historia o Pallacanestro Biella levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[1]

  • Fila Biella (1998-01)
  • Lauretana Biella (2001-05)
  • Lauretana Biella (2009-10) (na ULEB Eurocup)

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Angelico Biella 2010-2011
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 4   Slaughter, A. J. 1.91 m (6 ft 3 in) 82 kg (180 lb)
A/AP 5   Minessi, Nicola 1.96 m (6 ft 5 in) 91 kg (200 lb)
B/E 6   Coleman, Aubrey 1.93 m (6 ft 4 in) 91 kg (200 lb) Austin Toros
A 7   Soragna, Matteo 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Benetton Treviso
B/E 9   Moraschini, Riccardo 1.93 m (6 ft 4 in) 91 kg (200 lb)
B/E 10   Sosa, Edgar 1.85 m (6 ft 1 in) 77 kg (170 lb)
A/AP 11   Lombardi, Eric 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (210 lb)
A/AP 12   De Vico, Niccolò 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb)
B 16   Laganà, Marco 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb)
B 18   Chessa, Massimo 1.88 m (6 ft 2 in) 80 kg (176 lb) Basket Matera
A/AP 20   Viggiano, Jeff 1.96 m (6 ft 5 in) 100 kg (220 lb)
A/AP 22   Salyers, Marc 2.03 m (6 ft 8 in) 104 kg (230 lb) Le Mans
AP/P 33   Jurak, Goran 2.03 m (6 ft 8 in) 113 kg (250 lb) Žalgiris Kaunas
B/E 45   Rombaldoni, Rodolfo 1.93 m (6 ft 4 in) 95 kg (210 lb)
B --   Pullen, Jacob 1.83 m (6 ft 0 in) 91 kg (200 lb)
Adestrador
  •   Massimo Cancellieri
Asistente(s)
  •   Massimo Galli
  •   Francesco Viola

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 12-7-2011

NotasEditar

  1. "Lega A Basket historia do Pallacanestro Biella". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 08 de xuño de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar