Andy Partridge

músico británico

Andrew John "Andy" Partridge, nado o 11 de novembro de 1953 en Mtarfa, Malta, é un cantante, letrista e guitarrista inglés membro fundador da banda de pop/new wave, XTC.

Modelo:BiografíaAndy Partridge

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Andrew John Partridge Editar o valor en Wikidata
11 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Mtarfa, Malta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, cantante, guitarrista, compositor de cancións, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoNew wave Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVirgin Records Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHarry Partridge Editar o valor en Wikidata

Sitio webape.uk.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0664035 Twitter: xtcfans BNE: XX1506847 Musicbrainz: 58bf6897-e828-4cd0-9728-c0a3da4d2121 Discogs: 229492 Allmusic: mn0000045903 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ademais do seu traballo con XTC, Partridge gravou un álbum con Virgin Records en 1980,Take Away/the Lure of Salvage. Tamén editou demos das súas cancións baixo o seu propio nome na serie de oito álbums The Official Fuzzy Warbles Collector's Album e en Fuzzy Warbles con APE House. Colaborou con artistas como Martin Newell, co que gravou e produciu un álbum en 1993 co título de The Greatest Living Englishmanou entre outros conPeter Blegvad, Harold Budd, Jamie Cullum, Stephen Duffy, Terry Hall, The Heads, Charlotte Hatherley, Robyn Hitchcock, Jen Olive, The Residents, Thomas Dolby, David Yazbek, Miles Kane, The Nines, Pugwash e Meat Beat Manifesto. En 2010, Partridge lanzou un CD en edición limitada con música inspirada polo ilustrador de ciencia ficción Richard M. Powers titulado Powers.[1] En 2012, Partridge traballou con Mike Keneally no álbum Wing Beat Fantastic.[2]

Partridge foi produtor da banda inglesa Blur durante a gravación de Modern Life Is Rubbish, aínda que despois substituíuno Stephen Street por insistencia do selo musical, Food, segundo Partridge non lle pagaron polas sesións e só tivo gastos.[3] Partridge tamén escribiu catro cancións para a versión de Disney' de James and the Giant Peach, non obstante Randy Newman substituíuno ao non chegar finalmente a un acordo aceptable. En 2004, Partridge escribiu "I Wonder Why the Wonder Falls" como o tema musical para comedia de televisión Wonderfalls.

Radio e televisión

editar

Partridge participou regularmente en BBC Radio 1 a mediados da década de 1980, salientando o carácter de "Agony Andy", unha parodia no programa de Janice Long, e tamén contribuíu con sketches en Saturday Live e Studio B15, e estivo no elenco regular de Roundtable e The Great Rock'n'Roll Trivia Quiz, e presentou o piloto dun concurso infantil na ITV, Matchmakers.

  1. "Sample Andy's Powers". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 14 August 2012. 
  2. "Wing Beat Fantastic"
  3. http://popdose.com/the-popdose-interview-andy-partridge/

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar