Andrzej Łapicki
Andrzej Łapicki, nado en Riga o 11 de novembro de 1924, é un actor de teatro e cine ademais de director teatral polaco, profesor da Academia de Teatro Alexandre Zelwerowicz, da que foi reitor de 1981 a 1987.
Traxectoria
editarSeu pai, Boris Łapicki, fora profesor de dereito romano nas universidades de Varsovia e Lodz. Estudante de Varsovia logo da ocupación alemá e da prohibición do ensino en polaco so pena de morte, foi alumno no sistema clandestino de ensino organizado no país, estudando no Instituto Nacional de Arte Dramática e actuando en representacións secretas e como actor na Oficina de Información e Propaganda da exército da resistencia, e en 1944 participou na insurrección de Varsovia.
Despois da guerra estudou en Lodz, na Escola Superior Estatal de Teatro, debutando en 1945 no teatro do exército na obra Wesele (A voda) de Stanisław Wyspiański. Ao ano seguinte estréase no cine no filme Dwie godziny de Stanisław Wohl, facéndose coñecido en 1960 ao protagonizar a fita Powrót de Jerzy Passendorfer, polo seu traballo no cine e na televisión converteuse nas décadas de 1960 e 1970 nun dos actores máis famosos do país canda Zbigniew Cybulski e Stanisław Mikulski.