Andreas Gursky
Andreas Gursky, nado en Leipzig o 15 de xaneiro de 1955, é un fotógrafo alemán coñecido polos seus traballos de gran formato e que traballa con imaxes en cor procesadas dixitalmente. É un dos fotógrafos máis exitosos da fotografía contemporánea.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1955 (69 anos) Leipzig, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Educación | Kunstakademie Düsseldorf (en) Universidade Duisburg-Essen (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Düsseldorf |
Ocupación | artista , fotoxornalista , profesor universitario , fotógrafo , mestre |
Período de actividade | 1980 - |
Empregador | Kunstakademie Düsseldorf (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Representante | White Cube (en) e Artists Rights Society |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Páxina web | andreasgursky.com… |
Traxectoria
editarAndreas Gursky naceu nunha familia de fotógrafos, xa que tanto o seu pai, Willy Gursky, como o seu avó Hans (1890–1960) foron fotógrafos publicitarios. Willy Gursky dirixira o seu propio estudo en Leipzig desde 1949, ata que en 1950 trasladouse coa súa familia desde a República Democrática Alemá á cidade de Düsseldorf.
De 1978 a 1981 Andreas Gursky estudou Comunicación Visual na Universidade de Duisburg-Essen con Otto Steinert e Michael Schmidt. Ao mesmo tempo estudaba na Academia de Arte de Düsseldorf onde estudou con Bernd Becher e graduouse en 1987.
Xunto cos fotógrafos Axel Hütte, Jörg Sasse, Thomas Struth, Candida Höfer e Thomas Ruff, pertence ao grupo da Escola Becher ("Becher-Schüler"), de Bernd e Hilla Becher, coñecida como Escola de Fotografía de Düsseldorf.
En 1980 Andreas casou con Carol Pilars de Pilar, coa que ten un fillo e unha filla. Despois volveu casar coa fotógrafa Nina Pohl, coa que fixo parte do seu traballo.[2]
Notas
editar- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de enero de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013.
- ↑ Biografía de Andreas Gursky (Inglés)