Bernd e Hilla Becher

Bernd e Hilla Becher foron dous fotógrafos alemáns coñecidos polas súas series de imaxes de edificios industriais.

Infotaula de personaBernd e Hilla Becher

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Actividade
AlumnosThomas Ruff (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RepresentanteKonrad Fischer Galerie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Bernhard Becher (20 de agosto de 1931 – 22 de xuño de 2007) e Hilla Wobeser (2 de setembro de 1934 – 10 de outubro de 2015) coñecéronse como estudantes de pintura na Universidade de Düsseldorf e casaron en 1961. A súa primeira colaboración en fotografía foi en 1959 documentando a desaparecida arquitectura industrial. A súa primeira exposición foi en 1963 na Galería Ruth Nohl (Siegen). O seu traballo mostraba a fascinación pola similitude coa que foran creados certos edificios. As fotografías foron realizadas desde diferentes puntos de vista cunha cámara de gran formato, pero sempre nun plano perpendicular ao obxecto. As imaxes dos edificios con idéntica función mostráronse xuntas convidando o público a comparar as formas e deseños. Estes edificios eran principalmente celeiros, torres de auga, silos, castilletes de extracción ou altos fornos.[1]

Os Becher fotografaron estas series de edificios industriais seguindo unhas pautas moi definidas. Durante máis de 50 anos percorreron plantas industriais da Europa e dos Estados Unidos. Toda a fotografía de ambos é en branco e negro. No momento no que apareceron as primeiras películas en cor fixeron algunhas probas, mais non lles gustou: “O carácter escultural preséntase mellor coa utilización do branco e negro”. Para tomar as súas imaxes adoitaban situar unha cámara nun punto elevado e logo cunha luz difusa (para non crear sombras) deixaban aberto o obxectivo durante un longo tempo de exposición, evitando desa forma a aparición da figura humana.

O seu rigor chegaba a ser tan obsesivo que lle transfería ás súas escenas un carácter científico. Isto último creou certa polémica sobre a súa ríxida estética. É xustamente este rigor, o que, ao ser visto non de maneira illada senón nunha imaxe detrás da outra, lle confire o seu verdadeiro valor, como "unha lección de anatomía", conseguindo obter unha abstracción realmente nova para a fotografía contemporánea.

Bernd foi profesor na Academia de Belas Artes de Düsseldorf, de 1976 a 1996. Bernd e Hilla recibiron numerosos premios, como o Premio Erasmus en 2002, ou o premio Hasselblad en 2004. Bernd e Hilla influenciaron numerosos estudantes, como Andreas Gursky, Thomas Ruff e Candida Höfer.[2]

  1. Lange, Susanne (2006). Bernd and Hilla Becher: Life and Work. Cambridge, Massachusetts: MIT Press.
  2. Neumüller, Moritz (2005). Bernd & Hilla Becher speak with Moritz Neumüller. Madrid: La Fábrica / Fundación Telefónica. ISBN 978-84-96466-04-3