Andrea Muras

bióloga e divulgadora

Andrea Muras Mora, nada en Pontevedra en 1989, é unha bióloga galega. En 2019 foi seleccionada como finalista do concurso de monólogos científicos FameLab organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), o British Council e Obra Social “la Caixa”.[1][2]

Andrea Muras
Datos persoais
Nacemento1989
LugarPontevedra
Actividade
Campoinvestigadora e divulgadora científica
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Andrea Muras é licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou un máster en Biotecnoloxía. Realizou a súa tese de doutoramento sobre comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais no grupo Acuicultura e Biotecnoloxía (Aquabiotech) da USC. Unha investigación pola que o grupo Aquabiotech foi premiado pola Real Academa Galega das Ciencias na modalidade de mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2016.[3][4]

En 2018 participou no certame estatal “Somos Científicos, sácanos de aquí!” que pon en contacto a investigadores de diversas ramas con estudantes de 10 a 18 anos.[5] En 2019 participou no certame Famelab, logrando ser finalista co monólogo ‘Las bacterias de mi boca'[] onde aborda o tema da súa tese de doutoramento.

Notas editar

  1. Redacción (2019-04-09). "A investigadora da USC Andrea Muras, finalista de FameLab". GCiencia. Consultado o 2020-08-31. 
  2. Gil, Lydia (2019-11-04). "Andrea Muras, bióloga #MujeresDivulgadoras 3ª ed.". Social Media en Investigación - Un proyecto de Lydia Gil (en castelán). Consultado o 2020-08-31. 
  3. RAGC. "Entrega de los Premios a la Transferencia de Tecnología en Galicia 2016" (en castelán). Consultado o 2020-08-31. 
  4. Rey, Manuel (2020-02-17). "A alternativa aos antibióticos contra a placa dental idéase en Galicia". GCiencia. Consultado o 2020-08-31. 
  5. "Dos investigadores de la USC aspiran a ser los mejores divulgadores científicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-10-28. Consultado o 2020-08-31. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar