Andrés Túñez
Andrés José Túñez Arceo, coñecido como Andrés Túñez ou simplemente Túñez, nado o 15 de marzo de 1987 en Caracas, é un futbolista galego nado en Venezuela. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Celta Beitar Jerusalem.
Andrés Túñez | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Andrés José Túñez Arceo | ||
Nacido | 15 de marzo de 1987 (33 anos) | ||
Lugar | Caracas | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Beitar Jerusalem | ||
Número | 4 | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2002 | Rosalia de Castro | ||
2002–2004 | Compostela | ||
2004–2006 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2010 | Celta B | 73 | (0) |
2010–2013 | Celta de Vigo | 25 | (2) |
2013- | Beitar Jerusalem | ||
Selección nacional | |||
2011– | Venezuela | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de setembro de 2013 [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Os pais de Túñez, naturais de Bertamiráns (Ames) emigraron a Venezuela xusto antes de nacer el. Sete anos logo do seu nacemento, volveron á súa cidade natal de Bertamiráns.
Iniciou os seus primeiros pasos no fútbol na SD Compostela. No ano 2003 ficha polo Real Club Celta de Vigo para formar parte do persoal xuvenil. Tras un breve paso por esta, ascende ao persoal do Real Club Celta de Vigo B e pronto adquire a continuidade como titular no mesmo.
O 17 de febreiro de 2008 nun partido contra o Club Deportivo Lugo lesiónase de gravidade tras un golpe contra a portería, e isto mantenlle no dique seco toda a tempada.[1]
O 7 de outubro de 2009 logra unha recompensa ás súas boas actuacións no filial cunha convocatoria para o primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo no partido de copa contra o Girona Futbol Club. O 2 de decembro de 2009 renova o seu contrato co club por 4 anos máis. O 31 de xaneiro de 2010 Eusebio Sacristán, adestrador do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo, comunica en rolda de prensa que para todos os efectos xa é xogador do primeiro persoal do equipo.[2]
En setembro de 2013 foi cedido ao Beitar Jerusalem, ao non contar para o adestrador Luis Enrique, e preferir xogar noutro equipo de cara a preparar o Mundial do Brasil 2014[3].
NotasEditar
- ↑ atlantico.net, ed. (2008). "A lesión de Túñez impedirá que volva xogar esta tempada". Consultado o 18 de febreiro de 2008.[Ligazón morta]
- ↑ J. Conde, ed. (2010). "Túñez quédase no primeiro equipo". Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Túñez se va cedido al Beitar de Jerusalén", artigo en Marca, 16 de setembro de 2013 (en castelán).