Abrir o menú principal

Haim Revivo, nado o 22 de febreiro de 1972 en Ashdod, é un futbolista israelita, actualmente retirado. Foi un xogador destacado no Celta de Vigo durante a súa etapa no conxunto celeste.

Revivo
Haim revivo.jpg
Información persoal
Nome completo Haim Revivo
Nacemento 22 de febreiro de 1972
  Ashdod
Nacionalidade Israel
Altura 1.76 metros
Posición Mediocampista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Haim xogou no Bnei Yehuda Tel Aviv, Hapoel Tel Aviv e Maccabi Haifa, antes de fichar polo Celta de Vigo. Tamén formou parte dos equipos rivais de Turquía Fenerbahçe e Galatasaray da cidade de Istambul.

Os seus 2 primeiros anos co Fenerbahçe foron un éxito, deixando ó equipo no 2001 como o campión de Turquía, pero despois perdeu a atención dos dirixentes do club logo de que outros xogadores estranxeiros fosen comprados polo equipo. Haim decidiu marchar, algo que causou moita controversia ó elixir fichar polo equipo rival, o Galatasaray, equipo no que só estivo un ano antes de deixar Turquía.

Na actualidade é un satisfactorio home de negocios e e un dos donos do club israelí de fútbol M.S. Ashdod, equipo da súa cidade natal e no que se retirou do fútbol profesional no ano 2004.

ClubsEditar