Andrés Mendieta
Andrés Mendieta Ocamica, nado en Lekeitio (Biscaia) o 12 de febreiro de 1945, é un exfutbolista español, que xogaba de porteiro. Debutou en Segunda División co Indautxu, pasando logo ao Real Madrid. Formou parte do club branco durante cinco anos, pero non chegou a debutar, saíndo cedido dúas tempadas ao Rayo Vallecano e outras dúas ao Deportivo da Coruña, co que debutou en Primeira División. Finalmente militou durante catro anos no Castellón, co que logrou o ascenso á máxima categoría na tempada 1971/72.
Mendieta | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Andrés Mendieta Ocamica | ||
Nacemento | 12 de febreiro de 1945 (79 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lekeitio | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Retirado | ||
Carreira xuvenil | |||
Begoña | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1964 | Begoña | ||
1964–1965 | Indautxu | 29 | (0) |
1965–1970 | Real Madrid | 0 | (0) |
1968–1970 | → Rayo | 37 | (0) |
1968–1970 | → Deportivo | 8 | (0) |
1972–1974 | Castellón | 56 | (0) |
Selección nacional | |||
España olímpica | 5 | (0) | |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
É pai do tamén futbolista Gaizka Mendieta.
Traxectoria editar
Empezou a xogar ao fútbol nos xuvenís do Begoña, pasando logo ao primeiro equipo, que xogaba nas categorías rexionais vascas.[1] En 1964 fichou polo Indautxu, co que debutou na Segunda División na segunda xornada da tempada 1964/65, da man do adestrador Rafael Iriondo. Disputou 31 partidos esa tempada e ao ano seguinte fichou polo Real Madrid.[2]
Chegou ao equipo branco como terceiro porteiro e non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Betancort. Na súa segunda tempada saíu cedido ao Rayo Vallecano, de Segunda División, onde xogou 31 encontros en dous anos, nun equipo adestrado por Eguiluz primeiro, e Olmedo despois. A continuación foi cedido outra vez, ao Deportivo da Coruña. No club galego debutou en Primeira División, pero xogou só 8 partidos, sendo Joanet o porteiro habitualmente elixido polo adestrador Cheché Martín. Ademais estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela.[1]
En novembro de 1969 foi recuperado polo Real Madrid, que tiña lesionados aos porteiros Betancort e Junquera, aínda que tampouco entón chegou a debutar.[3] No verán de 1970 desvinculouse do Real Madrid e fichou polo Castellón, onde xogou durante catro tempadas, as dúas últimas na Primeira División, despois de ascender na 1971/72.
Selección española editar
Foi internacional coa selección olímpica española, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, obtendo un diploma olímpico.
Vida persoal editar
É pai do tamén futbolista Gaizka Mendieta.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 María, Manuel (1 de decembro de 1968). "MENDIETA: Un suplente del Coruña que puede ser titular en el Madrid" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021.
- ↑ "JAIME BLANCO, TEJADA Y MENDIETA, TRES CARAS NUEVAS EN EL BERNABÉU" (en castelán). 18 de xullo de 1965. Consultado o 20 de setembro de 2021.
- ↑ "Mendieta, al Español". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1970. p. 17.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).