Andrés García-Carro

empresario e modelo galego

Andrés García-Carro Crespo, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1932, é un empresario xubilado e modelo galego.

Infotaula de personaAndrés García-Carro
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1931 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , empresario , funcionario Editar o valor em Wikidata

Instagram: thespanishking_ Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Complutense de Madrid[1]. Funcionario da administración xeral do estado[2], estivo destinado na embaixada de España en Buenos Aires. Na capital arxentina tamén traballou no sector editorial e montou un restaurante en Punta del Este (Uruguai)[3]. Nese tempo coincidiu con parte da intelectualidade suramericana e con persoas que ao cabo foron asasinadas polo réxime militar arxentino[4]. Nos anos oitenta estableceuse na Coruña e montou en Madrid unha axencia inmobiliaria, Andrés Carro Propiedades[1], onde traballou ata que se xubilou.

Cando xa pasaba os oitenta anos, a fotógrafa Celine Van Heel, e ademais neta del, fíxolle unhas fotos para a revista de moda francesa L'Officiel; logo, coas fotos abriulle un perfil en Instagram baixo o alcume de The Spanish King. O impacto que causou as súas fotos converteuno nun influencer e modelo.

Traballou posando roupa para Hermès, Louis Vuitton, Yves Saint Laurent, Carolina Herrera[4], El Pulpo ou Rolex. Apareceu en videoclips, como o de "Tú me dejaste de querer", de C. Tangana; en Todo, de Arón Piper; para Delaossa; para Los Fabulosos Weekend, ou para Alfred García no Benidorm Fest 2023[3].

Tamén saíu actuando na serie Sentimos las molestias, de Movistar Plus+, en 2022, ou nun programa especial de Master Chef a canda o seu neto Pucho[5].

Filmes e series editar

Vida persoal editar

Vive entre Madrid[1] e A Coruña[4]. Casou en 1966. Tivo catro fillos[3] e oito netos[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Post en Facebook". Facebook (en castelán). Consultado o 2023-02-03. 
  2. Cortés, Helena (2021-07-29). "Andrés García-Carro, el octogenario que se reinventó bajo los focos". abc (en castelán). Consultado o 2023-02-03. 
  3. 3,0 3,1 3,2 V., P. (2023-02-03). "The Spanish King, el gallego de 90 años que también se subió al escenario del Benidorm Fest 2023". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-02-03. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Martín, Cynthia (2022-05-27). "Cuando The Spanish King era Andrés". Traveler (en castelán). Consultado o 2023-02-03. 
  5. Díaz, Fátima (2022-01-13). "El casi nonagenario 'influencer' que conquistó 'MasterChef'". Vitality / Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 2023-02-03.