Andrés Díaz Díaz

atleta galego


Andrés Manuel Díaz Díaz,[1] nado na Coruña o 12 de xullo de 1969 é un ex-atleta galego. Participou en dous Xogos Olímpicos (Atlanta 1996 e Sydney 2000) e gañou a medalla de bronce en 1500 metros no Campionato do Mundo Indoor 1999. A súa mellor marca en exteriores é 3:31.48 minutos, pero destacou máis en interiores, e o seu tempo de 3:33.32 minutos continúa a ser o récord de Europa.

Infotaula de personaAndrés Díaz Díaz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso71 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14166739 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa primeira aparición internacional foi en 1995, cando alcanzou as semifinais do Campionato do Mundo Indoor e correu as series do Campionato do Mundo de Atletismo. Gañou a medalla de prata na Universíada de verán de 1995.[2] O seu debut nos xogos olímpicos foi en 1996, aínda que foi eliminado na primeira rolda dos 800 m.[3] Nos Campionatos de Europa Indoors de 1996 chegou en cuarto lugar.[4]

A partir de 1997 centrouse nos 1500 metros, rebaixando en máis de seis segundos a súa marca persoal do ano. Chegou á final dos 1500 m nos Campionatos do Mundo Indoors de 1997, rematando en quinta posición. A sorpresa chegou en febreiro de 1999 co récord de Europa de 1500 m nunha proba no Pireo, superando nun segundo a marca de Peter Elliott con 3:33.32 minutos.[5] Volveu facer outra carreira rápida nos campionatos indoor de 1999 o seguinte mes, mais foi vencido por Haile Gebrselassie e Laban Rotich, conseguindo a medalla de bronce.[6] Nos Campionatos do Mundo de Sevilla en 1999 participou na final dos 1500 m xunto con Reyes Estévez e Fermín Cacho. Na carreira máis rápida na historia da competición logrou a súa mellor marca persoal, 3:31.83 minutos, mais quedou quinto e foi superado polos seus compatriotas.[7]

Na súa segunda participación nos xogos olímpicos, en 2000 rematou sétimo nos 1500 m. Tralos xogos, conseguiu a súa mellor marca na proba no Herculis de Mónaco, con 3:31.48 minutos. Entre 2001 e 2003, comezou a correr os 3000 metros e gañou un título nacional e unha medalla de prata na Copa de Europa de 2001.[8] A súa última participación en probas internacionais foi no Campionato do Mundo de 2001, mais non chegou á final.[9] Retirouse en 2003.[4]

Honras editar

En 1999 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Medallas de Galicia 1999
  2. Summer Universiade (Men). GBR Athletics. Retrieved on 2011-05-08.
  3. "Andrés Díaz". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2009. Consultado o 8 de maio de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Díaz Andrés Manuel. IAAF. Consultado o 8 de maio de 2011.
  5. Nikitaridis, Michalis (1999-02-25). New European record for Andres Diaz in Athinai 99 International Meeting. IAAF. Retrieved on 2011-05-08.
  6. Gordon, Ed (1999-03-07). Double golds for Szabo and Gebrselassie and 2 world record relays in Maebashi Arquivado 31-12-2004 en Wayback Machine.. IAAF. Retrieved on 2011-05-08.
  7. Men 1500m Final Arquivado 30 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.. IAAF. Retrieved on 2011-05-08.
  8. European Cup. GBR Athletics. Retrieved on 2011-05-08.
  9. 2001 World Championships - Men's 1500 metres results Arquivado 06 de agosto de 2010 en Wayback Machine.. IAAF. Retrieved on 2011-05-08.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar