Andrés Aguiar Caamaño
Andrés Aguiar Caamaño, nado en Cervaña (Silleda) o 20 de febreiro de 1728 e finado en Mondoñedo o 12 de novembro de 1816, foi un relixioso galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1728 Cervaña, España |
Morte | 12 de novembro de 1816 (88 anos) Mondoñedo, España |
Bispo de Mondoñedo | |
18 de decembro de 1797 – ← Francisco Cuadrillero Mota (en) – Bartolomé Cienfuegos (en) → Diocese: diocese de Modoñedo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1798–), sacerdote católico |
Consagración | Felipe Antonio Fernández Vallejo |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarEstudou Filosofía na Universidade de Santiago e Teoloxía na Universidade de Ávila. En 1755 era director do Colexio de San Clemente, e en 1756 gañou por oposición a mestría da colexiata da Coruña. Despois acadou a praza en Lugo, e en 1776 era chantre da Catedral de Santiago de Compostela, da que foi nomeado deán en 1794. En 1796 foi nomeado bispo de Mondoñedo, cargo que ocupou durante a Guerra de Independencia española.
En 1758 participou nas exequias pola raíña Bárbara de Bragança, esposa de Fernando VI. En 25 de xaneiro de 1795 o rei Carlos IV de España nomeouno cabaleiro eclesiástico da Orde de Carlos III[1].
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vidal Neira, Antonio. «Andrés Aguiar y Caamaño Pazos y Fernández Deza (1728-1816)» 30/1/2016, no blog Historia de Deza.
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951). "AGUIAR Y CAAMAÑO, Andrés". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 15.
- "Aguiar y Caamaño, André". Entrada na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- García Cortés, Carlos (1999). "Andrés Aguiar Caamaño (1728-1815), obispo de Mondoñedo" en Estudios Mindonienses, ISSN 0213-4357 n.º 15, pp. 637–682.