Abrir o menú principal

Anathema é un grupo musical fundado en Liverpool, Reino Unido, no ano 1990 como unha banda de doom metal, aínda que co paso do tempo foi rebelándose como un dos grupos máis importantes do rock progresivo actual. A comezos dos 90 contribuíu a creación do doomdeath metal xunto con Paradise Lost e My Dying Bride, pero desde a publicación de Eternity comezaron coa súa evolución ata o rock atmosférico que practican actualmente.

Anathema
Anathema 2004.jpg
OrixeLiverpool, Inglaterra
Período1990 - presente
Xénero(s)doomdeath metal, rock progresivo
MembrosVincent Cavanagh
Daniel Cavanagh
Jamie Cavanagh
Les Smith
John Douglas
Lee Douglas
Antigos membrosDarren White
Duncan Patterson
Dave Pybus
Shaun Steels
Martin Powell
Páxina webwww.anathema.ws

Anathema comezou co nome de Pagan Angel en 1990, liderada polos irmáns Daniel (guitarra), Vincent (guitarra) e Jamie Cavanagh (baixo), unidos a Darren White (voz) e John Douglas (batería). Trala publicación de Serenades y The Silent Enigma, Anathema convertiuse nunha das bandas que desenvolveron un papel fundamental na creación do doomdeath metal. En 1996 publicouse Eternity, que marcou o comezo da evolución do grupo británico cara a unha música influída por Pink Floyd, Radiohead ou Jeff Buckley. Os seguintes álbums foron Alternative 4 (1998), Judgement (1999) e A Fine Day to Exit (2001), que precederon a A Natural Disaster (2003), a confirmación definitiva do cambio estilístico de Anathema debido ao son atmosférico que impera no disco. O disco Hindsight, unha gravación acústica de vellas cancións da banda, precederá ao álbum Horizons, que será publicado a finais de 2008.

MembrosEditar

Membros pasadosEditar

  • Darren White - voz (desde The Crestfallen ata Pentecost III)
  • Duncan Patterson - baixo (desde The Crestfallen ata Alternative 4)
  • Dave Pybus - baixo (desde Judgement ata A Fine Day To Exit)
  • Shaun Steels - batería (en Alternative 4)

DiscografíaEditar

Ligazóns externasEditar