Ana Rivera Chaves
xogadora galega de fútbol sala
Ana Rivera Chaves, nada en Verín o 24 de abril de 1994, é unha xogadora de fútbol sala galega. Xoga de á-peche e o seu equipo actual é a Poio Pescamar FS da Primeira División de fútbol sala feminino de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1994 (30 anos) Verín, España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | fútbol sala |
Traxectoria
editarComezou a xogar na súa localidade natal deica os 13 anos cando marchou a Ourense para xogar co Ponte Ourense e alí permaneceu ata fichar polo AD Alcorcón FSF na tempada 2017-18 para volver a Galicia na tempada 2019-20 co Poio Pescamar FS.[1][2][3]
Selección española
editarDebutou o 1 de outubro de 2019 coa selección española nun partido amigable contra Portugal, que se xogou no pavillón Carolina Marín de Huelva. Con anterioridade chamárana para adestrar coa selección.
Notas
editar- ↑ "Ana Rivera, primer fichaje de la AD Alcorcón FSF para la próxima temporada". AD Alcorcón FSF (en español). 16 de julio de 2016. Consultado o 1 de octubre de 2019.
- ↑ "El Poio Pescamar ficha a la ala-pívot Ana Rivera Chaves". Pontevedra Viva (en español). 23 de julio de 2019. Consultado o 1 de octubre de 2019.
- ↑ "El Poio Pescamar incorpora a la ala-pívot Ana Rivera". Faro de Vigo (en español). 24 de julio de 2019. Consultado o 1 de octubre de 2019.